9 Maio 2012

DÍA DO LIBRO

25 Abril 2012

Última reunión do Club de lectura Merlín II

«Un canto ao amor e á poesía»

Nós tamén faremos a nosa declaración de amor.

Esperámoste á hora de sempre!!

21 Marzo 2012

Reunión Club Merlín do 26 de marzo.

 

O próximo luns 26 de marzo celebraremos unha nova sesión do club.

Nesta ocasión contaremos coa presenza do Fernando Bartolomé, autor do libro proposto.

O libro Ceniza é un conxunto de relatos no que podemos atopar distintos temas:

  • A disolución vital da parella de anciás  dependentes ( Filemón e Baucis), un canto ao amor de terceira idade, aínda que ambos cónxuxes se suiciden collidos da man, tras un adeus que leva baixo as rodas do tren o Alzheimer avanzado del e a cegueira total dela. Un entrañable e romántico «pas a deux» cando xa non queda vida digna en común. Pero antes, hai que optimizar a vida, buscarlle un sentido positivo nas súas diferentes etapas.
  • O insensato duelo enolóxico de dous badulaques antagónicos (In vino ¿veritas?)
  • A traxedia familiar do bibliotecario da sinagoga de Mostar, contada nun faladoiro provinciano (Sucedió en Mostar)
  • O sadismo vesánico que provoca a absurda e angustiosa agonía dun sarxento de milicias (Campamento San Gregorio)
  • O tesouro de nadal do Chato David (Otro cuento (triste) de Nadal
  • A dolorosa insania da nai Helena (Morituri)
  • O humor que se mostra na lúcida inconstancia virxinal das tres irmáns zaragozanas (Bendita sea tu pureza)
  • Indestrutible valor dos mitos a pesar dos seus creadores (El miliciano caído)
  • A infernal e apocalíptica fantasmagoría que asola un pobo de pescadores de baleas (Punta Balea)

É obrigado salientar o ámbito próximo dalgúns relatos: descricións da nosa contorna, aquel Vigo inesquecible e aínda próximo dos anos cincuenta e sesenta  ou a suxestiva pintura da praia Ladeira, teatro tráxico dunha das mellores historias. Sen dúbida Fernando Bartolomé  coñece cada esquina, cada recanto e taberna.

19 Marzo 2012

Botonpolis

Botónpolis de Andrea Rodríguez Aller

 

 

7 Marzo 2012

Día internacional da muller: FAITE VER

O Día Internacional da Muller celébrase desde hai máis de nove décadas.

Conmemóranse os esforzos que as persoas realizaron por acadar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento

Por que o 8 de Marzo?

O motivo principal polo cal se escolleu esta data foron os sucesos neoyorkinos de 1857, cando empregadas dunha fábrica téxtil reclamaron melloras salariais e condicións de traballo dignas. Organizaron unha folga como medio de protesta. Como resposta, a policía reprimiu con bombas provocando a morte de 146 operarias. Estes feitos deron lugar a que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas oficializara esta data.

Lentamente, e a medida que a voz da muller foi cobrando forza en todo o mundo, o Día da Muller foi perdendo o seu carácter obreiro, adquirindo o dunha xornada de loita na que se reclaman os dereitos de todas as mulleres en todos os ámbitos.

En numerosos lugares do mundo as mulleres seguen demandando dereitos básicos como acceder á educación, a cultura, o traballo ou a política.

A Declaración dos dereitos humanos no seu artigo nº 1 dí:

“TODOS OS SERES HUMANOS NACEN LIBRES E IGUAIS EN DIGNIDADE E DEREITOS E, DOTADOS COMO ESTÁN DE RAZÓN E CONCIENCIA, DEBEN COMPORTARSE FRATERNALMENTE ENTRE ELES”

 

1 Febreiro 2012

Aviso reunión Club Merlín II

A próxima reunión será o luns 27  de febreiro á hora de sempre (18.30).
Lectura proposta para análise, reflexión e comentario:

Enderezo descoñecido.

Que poden facer a loucura, o fanatismo, o nacismo, a soberbia racial e cega? Poden destruír a vida, a amizade, separar aos seres humanos e sementar o odio?

26 Xaneiro 2012

REUNIÓN CLUB MERLÍN II o 30

Recorda que o día 30 temos unha nova sesión do Club Merlín II.
Contaremos cunha madriña  moi especial.

ESPERAMOS QUE, NESTA OCASIÓN, O TEU CORAZÓN TE TRAIA AO INSTITUTO.

21 Xaneiro 2012

Cancións para a paz

PELÍCULAS PARA A PAZ

LIBROS PARA A PAZ

« Previous EntriesPáxina seguinte »
Olark Livehelp