20 novembro 2007
Cartas de amor.
Todos seremos unha miguiña máis solidarios,
despois da lectura destas cartas.
O día 4 de decembro celebraremos un encontro literario con FRAN ALONSO, autor, entre outras obras, de Cartas de amor.
Se non liches o libro, aínda estás a tempo.
Podes participar desde aquí.
Propoñémosche a lectura de dúas cartas, as tituladas Desde as tebras e Lonxe.
A primeira chéganos desde Bagdad. O seu destinatario é Bernal. A segunda remítea por correo electrónica Bárbara, e vai dirixida a Luís Alberto.
Ponte por un momento no lugar de Luís Alberto ou de Bernal e contéstalla a Bárbara ou a Sabela. Elixe ti!!!
A carta que sexa considerada mellor será publicada na revista do IES.
david estiven arango gomez dixo,
novembro 21, 2007 @ 10:03 am
Querida Sabela..
Eu ainda non lin a túa carta, pero sei o importante da tua misión porque nolo contou a pofesora Carme.Cando a lea prometo contestarche para darche animos.
Un saudo de parte dun neno do instituo Alvaro Cunqueiro.
jonathan carrasco gimenez dixo,
novembro 21, 2007 @ 11:43 am
Hola Sabela:
Que tal estas?Eu estou ben pero ti pareceme que non.
Intenta mellorarte e se podes escapate chamame que cos meus contactos podo conseguir que che escapes.
Bueno note lo debes estar pasando bien,eu encambio estou intentando que estes mas entretenida e despreucupada.
Moitos bicos de parte de un neno algo estudioso do Alvaro Cunqueiro.
David Arango Gómez dixo,
novembro 21, 2007 @ 11:51 am
Hola loitadora..
Quero felicitarche por o teu valor de ir a un pais sin coñecer a ninguen e por ir coa a voluntade de axudar a demais xente.Eu lin o teu libor hace un rato e me sorprendiu moito o que escricbiches.Eu te dou todas as miñas forzas pra k podas aguantar na carcere espero
Jonathan Carrasco Jimenez dixo,
novembro 21, 2007 @ 12:03 pm
Hola Sabela:
Que tal?Mellor ni preguntarche supoño que ali non se debe estar moi ben.
Se poidera chamaría a alguen para que te sacase de ali pero non teño contactos
para sacarte.
Agora mesmo estou con meu amigo Arango que esta impaciente por escribirche.
gael,yoli y lorena dixo,
novembro 27, 2007 @ 11:31 am
Son un neno de vigo lein o teu e-mail e gustariame ser o teu amigo. Na miña clase hai un neno uruguaio e contanos cousas do uruguai. E moi dificil a vida alí,polo que nos conta,di que cambian moitas cousas por exemplo:a educacion,os estudos,a xente,etc….e o modo de vida por suposto.GAEL
Sara Quintela Rodiguez dixo,
novembro 30, 2007 @ 11:08 am
Querida Maida!
Non che vou mentir, cando recibín a túa carta quedei un pouco desconcertado porque xa levabamos tempo sen comunicarnos e, como che dixen, non esperaba esta carta. Alégrome de que ó final teñas forzas para contarme todo o que che pasa.
Xa, tes razón, son moitos anos de aguantar aí. Cando estalou a guerra ti decidiches marchar do noso país e ir a outro tamén en guerra. Son moitos e difíciles os momentos que tiveches que vivir. Tantas persoas feridas, mortas, tantos nenos ós que lle faltaba un brazo, unha perna, e todo, por culpa das minas antipersoa, tantas confesións de mulleres violadas por civís, tantos prantos de esposas que un día tiveran un marido e que agora xa non sabían se, estaba morto, se estaba vivo nalgún lugar, ou quen sabe, se cadra estaba ferido e perdido polo mundo adiante. Sei que debe ser moi difícil esquecerse diso, ninguén di que sexa posible, pero tes que intentalo Maida, non te podes dar por vencida así como así, é normal que as pantasmas do pasado te persigan, como dis ti, pero tes que deixar pensar neles, intenta refacer a túa vida.
Os da túa ONG teñen razón, marcha lonxe Maida, vai cara Europa, esa Europa que deixaches hai anos, ti e eu ben sabemos que nos tes quen te recolla, pero podes buscar algo, ti sempre saíches soa adiante, igual ca min, xa que os nosos pais morreron cando nós eramos pequenos.
Faino por min Maida, faino polo mozo que un día ti amaches como a ninguén, faino pola nosa infancia xuntos, afástate dese lugar no que estás, que só che trae malos recordos desa guerra que viviches.
Se volves a Europa, nada che vai impedir que sexas feliz, creme Maida, sei do que falo, volve xunta min, eu hei estar esperándote aquí toda a vida.
Acórdome dos primeiros meses da túa ausencia, botábate moito en falta, e non sabía cando volverías. Agora é diferente, aprendrín que, se non volves e polas tuas razóns, pero aínda así dígocho outra vez, volve o lugar onde naciches, retoma a vida que deixaches aqui estancada o día que marchaches cara a guerra.
Adeus Maida!!
Bicos e apertas!!
Dzevad
Adrián Madarnás López dixo,
novembro 30, 2007 @ 11:19 am
15 noviembre 2007
Querida Maida:
Encántame recibir noticias túas, non podes renderte agora. Levas feito grandes obras de caridade, levas feito felices a persoas, axudades a superar as crises da xente. Persoas coma ti, hai poucas no mundo.
Quérote moito, por iso, vou intentar ir onda ti o máis axiña posible. P ara darche todo o meu apoio. Pensa en toda a xente que axudaches, eles algún día chegarán a ser algo na vida, e xa verás, como esas persoas cho agradecerán.
Sei que onde estás, debe ser horrible pero iso é asi. A guerra é o que ten de malo, non serve para nada, pero acaba con moitas ilusións e vidas; as cousas cómpre falalas e non pelexar.
Agárdame, chegarei moi pronto xunto túa. Nunca te rendas, aguanta, polos nenos que axudas e por esas caras de felicidade.
Unha aperta.
Dzevad.
P.D. Seguirei escribíndoche ata
que chegue onda ti.
Laura González Loureiro dixo,
novembro 30, 2007 @ 11:31 am
Vigo, 29 de Outubro de 2007
Querida amiga:
Eu estiven en moitas guerras e non foi agradable ter que matar a tanta xente inocente. O único que quedou foi o regueiro de sangue que desprendían tantos mortos, restos, casas derruídas e queimadas.
Non vou participar en máis conflitos bélicos, antes era obrigatorio, agora non.
No mesmo esqueceron as guerras por un tempo posto que a economía está mal e o resto dos países que non queren loitar.
Despois desta última guerra as persoas xoves, mulleres e vellos emigraron a Bucarest, en Romanía para que non os mataran como a maioría da poboación.
Eu marchei cara Atenas onde coñecín a unha fermosa muller. Ela non quería verme pero eu a ela si. Mirábaa correr pola rúa e lémbrabame de nós; cando corriamos pola aldea ata chegar a eses verdes prados que tanto che gustaban; tamén me lembro de cando iamos á praia os dous xuntos… que ben o pasabamos!
Pero iso era antes os dous… agora eu dedícome a dar conferencias nos institutos pequenos; agora mesmo escríboche a carta dende Tirana, tes que ver que mar tan fermoso e que vistas hai dende esta pousada na que estou. Nesta pousada todo me lembra a ti.
Debo dicirche unha cousa Maida… téñote na memoria como un amor que deixei pasar sen decatarme, pero iso xa é pasado, agora cada un ten a súa vida, se cadra volvemos vernos.
Quérote moito.
Dzevad
Fran Alonso dixo,
decembro 4, 2007 @ 1:18 am
Bos días. Bos días David, Jonathan, Gael, Yoli e Lorena, Sara (que carta tan longa e ben escrita, Sara), Adrián e Laura. E tamén aos que non escribistes comentarios pero ledes os dos vosos compañeiros e compañeiras. En primeiro lugar, quería felicitarvos pola vosa capacidade para crear, para reflexionar, para valorar, para pensar, para inventar. Xa vedes que é posible facelo, que sabedes facelo. O que si xa é máis difícil é atreverse a publicalo no blog, como fixestes vós. E por iso quería darvos tamén os meus parabéns. Cando un le un libro, sempre deixa na súa lectura uns certos sinais de identidade que cada un de nós levamos nas entrañas, por iso cada unha das lecturas que cada un de vós fai é diferente das outras, e por iso o libro xa non é meu senón voso, e dos personaxes que agora vós, para contestar as cartas, fostes capaces de crear. Moitos parabéns e hoxe vémonos.
Saúdos,
Fran Alonso
Primeiros Homínidos « Ciencias do Mundo Contemporáneo / 1ºC dixo,
novembro 19, 2008 @ 1:14 pm
[...] 2008 · Non hai comentarios Ola, somos Olalla e Estela de 1º de bacharelato no instituto Álvaro Cunqueiro. Durante o curso desenrolaremos o tema da evolución da vida, pertencente á materia de ciencias do [...]
Contaminación do Lagares « Ciencias do Mundo Contemporáneo / 1ºC dixo,
novembro 19, 2008 @ 1:22 pm
[...] 19, 2008 · Non hai comentarios Somos Jorge e Marcos estudantes do Alvaro Cunqueiro de 1º de bacharelato, imos presentar una noticia sobre a contaminación do lagares pra a asinatura [...]
Prevenciones del calentamiento global « Ciencias do Mundo Contemporáneo / 1ºC dixo,
novembro 25, 2008 @ 9:19 pm
[...] 25, 2008 · Non hai comentarios Somos Jorge e Marcos estudantes do Alvaro Cunqueiro de 1º de bacharelato, imos presentar una noticia sobre o calentamento global pra a asinatura de [...]