27 outubro 2008

Club de lectura

13 outubro 2008

As Letras

View SlideShare presentation or Upload your own.

Club Lector Merlín

6 outubro 2008

Club de Lectura

A LECTURA COMPARTIDA.

Os clubs de lectura están compostos por persoas con profesións do máis heteroxéneas, con distintos niveis de estudos, con crenzas moi diversas e pertencentes a diferentes clases sociais e sen embargo todas teñen en común a paixón pola lectura, curiosidade intelectual, gusto por conversar, mentalidade aberta, capacidade para respectar as opinións dos demais

Nos clubs de lectura un libro proporciona a escusa perfecta para falar de cousas das que ao mellor, se non, non nos atreveriamos, como son o amor, a enfermidade, a infidelidade, as frustracións… En definitiva, para falar de nos mesmos.

Unha idea que está detrás dous grupos de lectura é a que formula Adolfo Marsillach nas súas memorias cando di: “No fondo do meu corazón só considero compatriotas aos que leron os mesmos libros que eu lin”. Unha bagaxe de lecturas compartidas, ademais de axudar aos membros a identificarse co grupo na medida que teñen referencias culturais comúns, fainos partícipes dunha mesma experiencia.

Un libro emocionante sobre clubs de lectura chámase “Leer Lolita en Teherán” (El Aleph): Azar Nafisi, profesora de Universidade na capital iraní, expedientada por negarse a levar velo, decidiu organizar na súa casa un grupo de lectura, no que participaron sete alumnas, que analizou libros de Jane Austen, de Francis Scott Fitzgerald e de Vladimir Nabokov.

2 outubro 2008

Saúdos

A todos e todas os que accededes ao centro a través deste Blog desexamos darvos a máis cordial benvida a este espazo compartido que pretende ser un canle para coñecer e participar na actividade cultural do instituto.
Sentímonos moi orgullosos de dar a coñecer este blog, que esperamos sexa un instrumento útil para toda a Comunidade Educativa, unha canle para a información e sobre todo un recurso para a PARTICIPACIÓN.

Afrontamos por segundo ano o reto de continuar co Blog, animámosvos a participar coas vosas ideas e a abordar novos proxectos que afecten de xeito directo á vida do centro. Tamén desexamos transmitirvos a nosa predisposición para prestarvos toda a atención, asistencia e axuda que necesitedes dentro do ámbito das nosas posibilidades.
Para rematar quixeramos que cantos xa estivestes connosco e aos que vos incorporades este curso teñades a sensación de estar compartindo un lugar aberto ás ideas, e á educación integral da persoa.