30 Novembro 2008

O Clube da Lectura

O pasado día 24 fixemos a segunda reunión do clube Merlín na que reflexionamos sobre a lectura que fora proposta anteriormente. A case totalidade dos asistentes son mulleres (coa honrosa excepción dun alumno).

O libro en xeral gustou e deu pé a moitos comentarios e intercambio de opinións sobre diversos temas: as relacións home-muller, as materno-filiais, a maternidade fustrada, a cociña e o seu poder sensorial ,e sobre todo, o papel da muller ao longo da historia e na sociedade actual.

Se tivésemos que facer unha valoración da reunión as amantes da lectura diríamos que foi unha xuntanza tan vivificante coma a auga e tan pracenteira coma o chiculate.

Gustaríanos que  deixarades aquí as vosas impresións.

Comentarios desactivados en O Clube da Lectura

26 Novembro 2008

Carta dos Reis Magos

Queridos nenos “majos”:

Coméntannos os vosos pais que estades xa a escribir as cartas coas peticións de agasallos deste ano, e segundo nos din, as vosas listas son cada Nadal máis longas e con peor ortografía.

Sabemos que fostes uns santiños pero a cousa é que, asesorados por Santa Claus, metemos uns cartos en renda variábel coa intención de mellorar os presentes deste ano, pero outros irmáns “magos” chamados Limas Brothers, pulíronse parte da nosa “maxia”. Que ben estabamos antes cando metíamos os cartos en ouro, incenso e mirra…

Así que ides ter que usar máis a imaxinación. Por exemplo, onde poñedes “Playstation3” que poña “pais atención plus”, onde pon “Mountain bike” que poña “Bicos da miña nai” ou onde decides “Action man” que poña “Faino coa man”. Tamén recomendamos o uso da conxunción “ou” no canto da aditiva e consumista “e” na vosa lista.

Grazas de antemán pola vosa comprensión.

Sempre vosos                                                    SS. MM Os Reis de Oriente

18 Novembro 2008

Ciencia que conta

Comentarios desactivados en Ciencia que conta

17 Novembro 2008

Atención !!

Recordámosvos que o próximo luns, día 24 de Novembro, temos unha cita cosvosco e con Laura Esquivel.

As amantes da lectura

Comentarios desactivados en Atención !!

Visita aos muíños do Folón

O mércores 5 de Novembro, visitaron os muíños do Folón no concello do Rosal 59 alumnos de 1º de ESO. Foron acompañados polo guía municipal e catro profesores ( Francisco Prieto, Alfonso Guillán, Susana Piñeiro e Luis M. Pérez) dentro do proxecto interdisciplinar:  “Por un consumo responsable”. Aquí quedan algunhas fotos do seu paseo.
Comentarios desactivados en Visita aos muíños do Folón

5 Novembro 2008

Premio a Alexandra

Alexandra López Fernández, premio “mellor lectora” do curso pasado, foi unha das galardoadas co premio de Excelencia Académica 2008, concedido pola consellería de Educación aos mellores expedientes académicos e notas de selectividade do curso pasado de Galiza.

Nós, que tivemos a sorte de tela como alumna desde primeiro de ESO ata o curso pasado que rematou 2º de Bacharelato, queremos felicitala e desexarlle que siga colleitando éxitos.

Destacar a presencia feminina entre o alumnado galardoado: o 65% ( dos 80 mellores estudantes de Bacharelato galegos 53 son mulleres) e as carreiras elixidas foron Mediciña, Enxeñerías Técnicas e Físicas.

Parabéns a Alexandra e a toda a Comunidade educativa.