25 Decembro 2008

Anuncio


“Se non les, a imaxinación morre”. Isto é, máis ou menos, o que se di neste anuncio da televisión canadiana…

Comentarios desactivados en Anuncio

19 Decembro 2008

Concurso de lectura.

RESULTADOS DO 1º TRIMESTRE

GAÑADORES:

Sara Fernández Fernández (1ºB)

Lucía Romar de las Heras (2ºB)

Antía Fernández Fernández (3ºA)

Carmen Zalvide Rodríguez (4ºB)

Outros participantes foron :

Adrián Comesaña (4ºA), Alejandra Domínguez (2ºA), Ana Estévez (1ºB), Antón Gómez (3ºC), Beatriz Riveiro (2ºA), Candela Ámez (3ºC), Clara Ramos (4ºA), Daniel Campaña (4ºA), David Lago (4ºA), Flavia Barro (4ºA), Francisco Landesa (3ºB), Gabriel Traversa (3ºC), Iago San Marcial (2ºC), Iván Gonzalez (3ºC), Jacobo Alonso (3ºC), José Carlos Alejandro (4ºA), Josep Lomba (3ºC), Laura Pampillón (3ºB), Lois Regueira (2ºC), Lorena González (3ºB), Luis Toledo (3ºC), Natalia Romar (3ºB), Raquel Lago (2ºC), Rocío Gonzaléz (4ºA), Rodrigo Mariño (3ºA), Rosa Póveda (3ºB), Santiago Morales (3ºB), Saúl Cruz (3ºC), Vanesa Domínguez (3ºB).

Os resultados de Bacharelato faranse públicos en Xaneiro.

Comentarios desactivados en Concurso de lectura.

Xuntanza do Clube da lectura

O lapis do carpinteiro.

“Aprendin máis da guerra civil española lendo o lapis do carpinteiro de Manuel Rivas que en todos os libros de Historia”. Günter Grass. (premio Nobel de literatura)

O lapis do carpinteiro conta a historia dun grupo de demócratas (republicanos de diverso signo político) encarcerados na Falcona , prisión de Compostela. Entre todos eles salienta a figura do doutor Daniel da Barca.

O primeiro capítulo sitúanos no presente, na casa compostelá do doutor da Barca, a onde acode un xornalista fustrado e infeliz (Sousa) para lle facer unha entrevista.Tanto o presente temporal como o xornalista non volverán aparecer ata o final. Os capítulos restantes desenvólvense no pasado. Son unha longa evocación que fai o ex-garda franquista (Herbal) convertido agora en garda custodio dun prostíbulo.

O lapis é unha novela coral de vencedores e vencidos. Sobre todos eles actúa como unha variña máxica, un lapis de carpinteiro co seu poder humanizador capaz de cambiar a óptica vital dos seus donos porque proxecta sobre eles o punto de vista do pintor asasinado por Herbal.

A novela articúlase nun xogo de contrarios:

O que somos e o que quixeramos ter sido. (Herbal- da Barca).

O amoe e o desamor (da Barca-Marisa Mallo / Herbal- Marisa Mallo / A monxa Edurne – da Barca).

A violencia institucional (paseos, sacas, asasinatos /violencia familiar da irmá de Herbal ).

Os vencedores e os vencidos (franquistas / demócratas republicanos)

O universo feminino ( Marisa Mallo, Edurne, a irmá de Herbal, María da Visitaçao). O lapis / O home de ferro.

A dignidade (Danie da Barca) e a inocencia (Dombodán) / a ignorancia e a senrazón (Herbal e os seus superiores)

ETC…

Comentarios desactivados en Xuntanza do Clube da lectura

10 Decembro 2008

Clube da lectura

As amantes da lectura recordanvos que o luns día 15 temos reunión.

Un saúdo.

Comentarios desactivados en Clube da lectura