24 Maio 2009

Novas adquisicións para a biblioteca

Os libros dan corpo ás nosas ideas e á nosa imaxinación, encárnanos ; a biblioteca é a cidade onde reside esa encarnación do noso interior”
Auster, P. “Un home na escuridade” (outro máis de Auster)
Bernhard, T. “Relatos”
Brooks, G. “Los guardianes del libro”
Buzbee, L. “Unha vida entre libros” (se che gusta ler veraste reflectido, fai un repaso da historia do libro e todo o relacionado con el: bibliotecas, librarías, editorial…)
Coetzee “El violonchelista de Sarajevo” (descorazonador)
Doidge, Norman “El cerebro se cambia a si mismo” (divulgativo)
Fuentes, C. “ Todas las familias felices” ( bo e entretido)
Gavalda, A.El consuelo” (entretido)
Giordano, P. “La soledad de los números primos”( bah…non merece tanta fama, entretido e desacougante. O de números primos é só unha metáfora )
Haruki Murakami “After Dark” (inquietante)
Hawking “La clave secreta del universo” ( interesante e moi formativo)
Litell, J. “Las Benévolas” (estremecedor)
Moure, T. “Mil primaveras para Aldara” ( teatro, moi bonito. Levou varios premios)
Ortega, P. “”Virxinia” (un esbozo de novela)
Pennac, D. “La pequeña vendedora de prosa”
Rafik Shami “El lado oscuro del amor”  (moi bo)
Roth, Ph. “ Sale el espectro” (bo e entretido)
S. Calveiro, M.  “Festina lente” (ameno)
Shuffer e A, Barrows “La sociedad literaria y el pastel de  piel de patata de Gernsey” (moi ameno)
Silva, I, “Memoria das cidades sen luz” (a realidade da preguerra e guerra na ficción)
Taylor, B. “Como salvar el planeta”  ( bo e ameno)                    )
VVAA “”El sorprendente mundo del agua” (divulgativo, ameno)
VVAA “El agua en la tierra” (divulgativo, ameno)
Wolfgang, J. “Las desventuras del joven Werter”( moi bo)
Wagensberg,J. “Yo, lo supérfluo y el error” (cando o leas mándanos a túa opinión ao blog)
Zarraluki “ Todo eso que tanto nos gusta” ( tenro)
Zweig “Mendel el de los libros”(  )
Zweig “Viaje al pasado”
Ramiro Fonte: Xardín do pasatempo.
Ramiro Fonte: Reversos.
Ramón Nicolás: Conversas con Celso Emilio Ferreiro.
Roald Dahl: Boy.
Patricia Highsmith: Ripley´s game.
W. Shakespeare: The merchant of Venice.

Comentarios desactivados en Novas adquisicións para a biblioteca

Carta de Merlín para os estudantes de 2º de Bac.

Queridos estudantes de 2º BAC:

Agora que vos chegou a hora de comezar unha nova xeira, este espazo de liberdade que é a BIBLIOTECA e mais eu, Merlín, que son o seu gardián, sentímonos case baleiros. Ao longo destes anos tédesnos feito tanta compañía que agora que marchades parece como se a nosa familia máis querida se tivese disolto por efecto dalgún feitizo.
Desde aquí queremos animarvos a continuar lendo. Nos libros encontraredes sempre un amigo incondicional e farán que nunca vos sintades sós.

“O libro é un obxecto duradeiro, non precisa combustible, comida nin mantemento. É posible lelo varias veces, pasarllo logo a un amigo ou revendelo.Un libro non se colga nin se bloquea e segue funcionando aínda que se encha de area”. (Lewis  Buzbee).

“Os libros dan corpo ás nosas ideas e á nosa imaxinación, encárnanas neste mundo, a biblioteca é onde reside esa encarnación do noso ser interior” (Lewis  Buzbee).

E agora un consello de Merlín, que sabe máis por vello que por mago: non podemos controlar a onde nos conduce a vida porque a vida é o que atopamos mentres perseguimos o que soñamos.

MERLÍN

Comentarios desactivados en Carta de Merlín para os estudantes de 2º de Bac.

20 Maio 2009

O son da creación literaria.

son-jpeg1

Comentarios desactivados en O son da creación literaria.

Club Merlín

Recordámosche  que o vindeiro luns, día 25  de maio, ás 17.20 horas, vaise celebrar unha nova   reunión do “CLUB MERLÍN” .
Desta volta comezaremos un pouco antes cunha actividade literaria, á que te convidamos, que  non te vai decepcionar: O SON DA CREACIÓN LITERARIA.
A continuación proxectaremos a película ‘RAIN MAN’, que incide no tema sobre o que reflexionamos na última reunión ( O curioso incidente do can á medianoite).

‘RAIN MAN conta a historia de Kim Peek, un home de prodixiosa intelixencia que na actualidade conta con 56 anos. Non mira aos ollos, pero é capaz de ler unha páxina co ollo esquerdo e a outra co ollo dereito, ler a Biblia en cuestión de horas, e recordar ao final o 98% da información. Non pode abotoar unha camisa, nin moito menos atar uns zapatos, pero se lle dis a túa data de nacemento calcúlache automaticamente que día da semana era, e en que día te xubilarás. Non sabe apagar a luz, aínda que se lle dás o título dunha película sóltache no acto a ficha completa, co ano de produción, director, actores e ata os técnicos de iluminación. Se lle dicimos “Rain man”, dirá que a dirixiu Barry Levinson en 1988, e que a protagonizaron Tom Cruise e Dustin Hoffman, no papel de Raymond Babbit, o personaxe inspirado por el, Kim Peek, o prodixioso home da choiva, que segue dando moito que pensar aos científicos.
«En certo sentido, é coma se tivese dentro un enorme disco duro, coa vantaxe de que nunca  cae o sistema», presume o seu pai,  «Agora ben, non lle pidas nada que esixa coordinación física, porque entón está perdido»
E así se abriu camiño na vida este ser de propiedades máxicas, estigmatizado no seu día como atrasado mental e considerado  co tempo como un  xenio, capaz de tocar a máis recóndita fibra humana e de revelarnos de paso as posibilidades inmensas do cerebro.
O personaxe real está sendo obxecto de estudo e  grazas a el  descubrimos que o cerebro é máis flexible do que criamos. Como noutros casos máis ou menos similares, o cerebro compensou a perda ou a falta de habilidade nunha área adquirindo e desenvolvendo extraordinarias capacidades noutras zonas. Kim Peek naceu en 1951, e o seu pai soubo nada máis velo que era distinto. Tamén Cristopher era distinto pero…canto se fan querer!!!!!

Comentarios desactivados en Club Merlín

17 Maio 2009

Parabéns

tarxeta5

Comentarios desactivados en Parabéns

7 Maio 2009

Premio do concello


Parabéns a todos os estudantes de 4º Eso A e aos profesores que colaboraron e dirixiron o traballo: Pedro Areal, Juan Bosco, Luis Pérez e Esther. Inspirándose no Guernica de Picasso, representaron a Reconquista de Vigo mediante un mural, que será exposto no Instituto, co que acadaron o 2º premio que consiste nunha viaxe a Lisboa.

Comentarios desactivados en Premio do concello

Libros para o 3º trimestre

libros-jpeg

Comentarios desactivados en Libros para o 3º trimestre

6 Maio 2009

Resultados do concurso de lectura do 2º trimestre.

leer081

2º BACHARELATO

Leonor Ruano

Sabela Estévez

Uxía Costa

Tamén participaron :

Adrián Franco; Alba Silveira; Ana Casal; Andrés Cameselle; Arantza Glez; Carla Glez; David Bernárdez; Diego López; Dona León; Fernando de la Calle; Hugo Infante; Hugo Prado; Iria Rguez; Jesús Barbosa; Juan Fdez; Marcial Fdez; Natalia Ramos; Raquel Alonso; Raquel Parada; Samuel Larrán;Tamara Sanz; Victor Orjales.

1º BACHARELATO

Sandra Martínez

Alba Rodríguez

Paula Serra

Tamén participaron:

Alba Montemuiño; Alejandro Poza; Alejandro Rodriguez; Andrea Muñiz; Carla Fdez; Iria Brocos;Javier Maneiro; Lucía Dominguez; Manuel Medina;Martín Sampayo; Martín Sanjorge ; Rubén Melón; Sabela Solla ; Valentín Gutierrez; Xavier Rguez.

3º e 4º de ESO

Carmen Zalvide

Tamén  participaron :

Adrián Comesaña; Angel Pereira; Antía Fdez; Carla Villaverde; Daniel Campaña; David López; Eloy M.G.; Francisco Riquelme; Iria Alonso; J. Carlos Casal; Laura Pampillón; Lorena Glez; Natalia Romar; Paula Braque;Rocío Glez; Rosa Póveda; Tania Rguez; Vanesa Dominguez; Yaiza Montado; Yaiza Zubimendi.

1º e 2º de ESO

Lucía Romar

Sara Fernandez

Alejandra Dominguez

Yago Grela

Sunil López Malibubain