27 Outubro 2009

Magosto no IES Álvaro Cunqueiro

magosto_cartel 3 reducido

 Actividades que faremos para celabrar o magosto:

  • O magosto na nosa cultura.
  • Elaboración de carteis.
  • Día 13 de novembro, a partir das 12:10 da mañá: Asado de castañas, música e alegría.

 O magosto

 A finais de outubro comezan a chegarnos as primeiras castañas traéndonos lembranzas dos profundos e sombrizos bosques nos que edraban centos de castiñeiros, aos que as repoboacións masivas de piñeiros e eucaliptos, que desde hai anos se levan a cabo no noso país, van progresivamente destruíndo.

Cunqueiro lamentábase da perda de protagonismo da castaña na nosa cociña co decorrer do tempo; antes da chegada da pataca, a castaña levaba o peso do cocido e era adorno obrigado dos pratos de caza.

A cultura da castaña maniféstase nunha festa xenuinamente galega: o magosto, festa que ten un valor simbólico xa que castañas e viño, elementos definitorios da merendola, simbolizan respectivamente a morte e a vida ( o día do magosto era o día de probar o viño novo ). Tradicionalmente é unha festa relacionada coa mocidade que se reúne á intemperie, normalmente nun souto. Despois de recolleren leña miúda, mozos e mozas facían unha fogueira; os estoupidos das primeiras castañas recibíanse con berros, troula e alegría. Logo as castañas había que collelas quentes de forma que queimasen os dedos ao debullalas, soprando nelas e coméndoas así porque tiraban máis do viño. Coas derradeiras castañas do magosto, os xoves xogaban a emborrallarse.

A época do magosto é outubro e novembro mais os días principais son Todos os Santos e o San Martiño, aínda que se poden facer sempre que haxa castiñeiros que dean castañas para asar, porque dificilmente poderemos facer un bo magosto sen castiñeiros, árbore nobre do noso país.

Comentarios desactivados en Magosto no IES Álvaro Cunqueiro

15 Outubro 2009

24 de outubro: día das Bibliotecas.

porta biblio con letreiro reducida

 Nós celebrarémolo o venres 23. 

Programa de actividades:

  • Presentación“o día das bibliotecas” (vestíbulo)
  • Agasallo de libros (vestíbulo)
  • Visita á Biblioteca dos alumnos de 1º e 2º de ESO. Nesta visita recibirán información sobre o funcionamento da Biblioteca (servizo de préstamo, disposición dos libros, terminoloxía, normas de comportamento…) e lerase o poema “A biblioteca, amado espazo de liberdade”da autoría de Neira Cruz. Tamén poderán acceder a páx. Web do IES e ao blog Merlín. Recoméndase a “navegación “ polos distintos apartados de Biblioteca (animación á lectura, Club Merlín I, recomendámosche…).
Comentarios desactivados en 24 de outubro: día das Bibliotecas.

13 Outubro 2009

Charla_coloquio con Núñez Singala.

nuñez singala

Núñez Singala estará no IES Álvaro Cunqueiro cos Membros Club Lector Merlín I o 26 de outubro de 17:20 a 18:10

 Manuel Carlos Núñez Singala naceu en Lugo no  1963. Pasa a infancia e a adolescencia en Vilalba. Estudou Filoloxía Galega en Santiago, onde vive e traballa, desde hai anos, na Universidade, dirixindo o Servizo de Normalización Lingüística. Tamén é escritor en galego. Ten publicadas dúas obras de teatro e unha novela, ademais doutras obras espalladas en libros colectivos e revistas …e ensaios e traballos relacionados coa normalización do idioma.

Obras: O achado do castro (1991), obra de teatro que gañou o Premio Xiria de Creación Teatral. Foi unha das lecturas feitas polos membros do club lector. En 1997 publica a novela Mar de fondo. Comedia bífida  (2007) é unha obra teatral na que o autor se vale do humor para presentar unha reflexión crítica sobre o galego. Lectura feita polos membros do club lector. En galego, por que non?  (2009) é un libro para pensar sobre o galego e sobre as nosas actitudes fronte á lingua.

7 Outubro 2009

Membros Do Club Lector Merlín I

Membros Club Lector Merlín I

Membros Club Lector Merlín I

5 Outubro 2009

Aviso aos participantes no Club Lector Merlin II

merlin-el-mago

 

Aviso aos que vaian participar no CLUB LECTOR“MERLÍN” II

Verémonos na Biblioteca o 26 de outubro ás 18:30.

Para máis información, sobre o Club Lector Merlín II, visitade a páxina Web do instituto, apartado Biblioteca, animación á lectura. Premede sobre o enlace: http://centros.edu.xunta.es/iesalvarocunqueiro/

Comentarios desactivados en Aviso aos participantes no Club Lector Merlin II