18 Decembro 2009

Participantes no Club Merlín II

merlin-el-mago

Recordámosvos que o 25 de xaneiro temos unha nova cita na Biblioteca. Falaremos de amor.

Sorte e felices festas.  As amantes de lectura.

 

Fotos Rota literaria A esmorga

Preme nas fotos para velas máis grandes

14 Decembro 2009

Nadal solidario!!

Un libro é sempre un bo agasallo e se é por unha boa causa, mellor.

Recomendámosche dous:

“O son das buguinas” Un fermosísimo libro ilustrado que inclúe un CD. O beneficio obtido coa súa venda será destinado á ONG Implicad@s no desenvolvemento.

 A outra recomendación é o titulado “Ninguén está só” Ed. Tristram. Consta de vinte relatos doutros tantos autores “a prol dos dereitos humanos”. Colabora coa ONG “Amnistía Internacional”.

 Os relatos presentan unha temática común: solidariedade, tolerancia, multiculturalismo, empatía…

 A súa lectura será, sen dúbida,un excelente instrumento de coñecemento,reflexión e concienciación.

 o son das buguinasninguen[ esta so

Comentarios desactivados en Nadal solidario!!

2 Decembro 2009

ROTA LITERARIA

 Despois de ler A esmorga éntranos o desexo de ir coñecer in situ o labiríntico percorrido que naquela malfadada noite fixeron os tres famosos esmorgantes: Cipriano, Eladio e Juan Fariña (alias Pucha podre, o Maricallas e o Bocas). Así que o próximo día 10 de decembro marchamos a Ourense. Saímos ás 8:30 e a volta xa se verá… E dado que este curso temos como proxecto interdisciplinar “o mundo da filatelia”, nós faremos o noso propio selo tomando como referencia este 

sello- blanco amor

Aproveitamos para visitar tamén o pazo de Trasalba e render homenaxe ao “Patriarca das letras galegas” Don Ramón Otero Pedrayo.

Mandaremos fotos. 

(Departamento de galego, Biblioteca, Normalización Lingüística)

Rota dos esmorgantes. Preme aquí.

Máis información sobre A esmorga. Preme aquí.

Máis información sobre O pazo de Trasalba. Preme aquí

Alumnado de 2º de Bacharelato participante na rota

Rota esmorga_09

Comentarios desactivados en ROTA LITERARIA