23 Febreiro 2010

Club Merlín: Encontro con A. Fernández Paz

 

A xenerosidade, amabilidade e boa disposición de Agustín cando lle propuxemos acudir ao noso Club de Lectura Merlín, fixo posible contar coa súa presenza.

A súa obra, traducida a diversas linguas, constitúe un referente da literatura infantil-xuvenil galega, merecente de abundantes premios, entre eles, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2008 pola súa obra: “O único que queda é o amor”, libro pragado de invitacións á lectura, onde os personaxes descobren que o amor,  en todas as súas variantes, é un sentimento poderosísimo.

Neste encontro:

  • Achegámonos á súa obra O único que queda é o amor: Como se xestou? Cal foi a orixe dos relatos e o xermolo de cada historia?
  • Achegámonos a súa persoa: De que libros se sente máis satisfeito? Cales son os seus autores favoritos?
  • Achegámonos a súa obra: temas, intertextualidades, estratexias narrativas, ideas sobre a literatura…

17 Febreiro 2010

Entroido_2010

Comentarios desactivados en Entroido_2010

8 Febreiro 2010

Febreiro: mes do cómic.

FEBREIRO: mes do CÓMIC

 Día 22 de febreiro

Visita de ANXO FARIÑA, autor de Os Megatoxos.

            Asistirán:

  • Ás 16:30, 2º ESO C, 3º ESO C, 2º ESO A.
  • Ás 17:20, 3º ESO A, 3º ESO B, 2º ESO B.

 A actividade desenvolverase no salón de actos.

2 Febreiro 2010

Aviso Club Merlín II

Verémonos no Salón de actos o 22 de febreiro ás 18:30.

 Proxectaremos a película Corazóns en Atlántida.

Podedes consultar tamén a páxina Web do instituto. Ide a Biblioteca, animación á lectura, Club Merlín II.  (http://centros.edu.xunta.es/iesalvarocunqueiro/)

Comentarios desactivados en Aviso Club Merlín II

O entroido

AS FESTAS DO ENTROIDO

 O Entroido é unha das festas máis celebradas en Galicia. Comeza o domingo da sesaxésima coa festa maior denominada domingo fareleiro ou borrallento. Seguen o xoves de comadres, o domingo de Entroido e o martes, día principal, no que en moitos lugares se celebra a queima do Meco que vén sendo o Entroido personificado. Neste personaxe está resumida toda a simboloxía carnavalesca, ben sexa como final dun ciclo cósmico representado no ano, ben sexa dun ciclo vexetativo, ou histórico- social, conxugando os dous anteriores. Soe rematar a festa cun “pranto” que recibe distintos nomes segundo os lugares; enterro do Ravachol en Pontevedra, enterro da sardiña en Vigo, etc..

Nesta festa hai dous aspectos que se poden salientar: o litúrxico e o festeiro. O seu significado do latín introitus, “entrada”, remítenos á liturxia, é a antesala das “ carnes tollendas”, prohibición da carne e das festas.

 As máscaras, as bromas, e a gastronomía  configuran o aspecto festeiro. As máscaras atópanse nestes días en todas as cidades, vilas e aldeas galegas. Chámanse segundo os sitios máscaras, mascaritas, entroidos, felos mecos, peliqueiros….Son soados os cigarróns ou peliqueiros de Laza, Verín, Xinzo; as charrúas en Allariz, madamitas en Cotobade, escabicheiros ou merdeiros en Vigo.

 O Entroido ten tamén unha gastronomía propia. Predomina a carne de porco e postres especiais como filloas de sangue ou as farandelas, flores fritidas, orellas de frade, etc.. Pratos principais son a cacheira e o rabo  e a sentencia di: alegría, alégrote que anda o rabo do porco no pote.

Lectura recomendada :  o segundo lance de  “Os vellos non deben de namorarse”       

Comentarios desactivados en O entroido

Xa chega o entroido

Achégase o Entroido. Vai preparando o teu disfraz para participar no concurso. Haberá moitos premios.

Permanece atento. Seguirás recibindo novidades.

SORPRENDERASTE !!!

Comentarios desactivados en Xa chega o entroido

1 Febreiro 2010

Febreiro, mes do cómic

Actividade organizada polos Departamentos de Plástica e Linguas, co obxectivo de fomentar a lectura a través do cómic.

Libros recomendados e á vosa disposición na Biblioteca:

Contaremos coa presenza de ANTÓN FARIÑA, autor de OS MEGATOXOS.

  

 

No programa de 3º de ESO da materia de Educación Plástica e Visual traballamos o cómic.                                                                          
Os alumnos aprenderán a narrar historias a través de imaxes. Explicamos os conceptos de:
       Viñeta, Encuadre, Bocadillos, Onomatopeyas, Liñas cinéticas
Para poñer en práctica os conceptos teóricos os alumnos realizarán unha práctica que consistirá en elaborar unhas tiras de cómic a partires dun texto que eles secuenciarán e ilustrarán con personaxes creados por eles.

 

Comentarios desactivados en Febreiro, mes do cómic

Día da Paz

Cancións para a paz

Comentarios desactivados en Día da Paz