28 Abril 2010

Concurso portada O trasno: gañadores.

No concurso para a portada da revista O trasno organizado polo Departamento de Debuxo, resultaron premiados:

      1º premio: Marco Iñarrea.

      2º premio: Denis Carballás, Carla Fernández, Jessica Misa.

Parabéns para os gañadores e tamén grazas aos moitos concursantes pola súa participación.

Ata o  ano que vén!! 

23 Abril 2010

Día do libro

Co motivo desta celebración, o Departamento de Lingua castelá organizou durante este mes concursos de carteis, relato e poesía alusivos ao tema do Quixote.

Os gañadores de relato breve e poesía foron repectivamente

Xabier Rodríguez (2º Bac A) e Mirian Arcos (4º ESO C)

Entregaranse os premios aos gañadores nas distintas modalidades no acto de clausura do presente curso.

Agradecemos o interese do alumnado e a súa elevada participación.

15 Abril 2010

Parabéns

  Os nosos parabéns ás alumnas do IES Álvaro Cunqueiro de 2º Bacharelato C, Marta Janeiro González e Sheila Rodríguez Rodríguez, e ao alumno de 1º Bach. A, Eloy Riobó Sánchez, que foron seleccionados para formar parte da “Antología de Jóvenes Escritores en el curso 2009-2010”.

 O  Departamento de Lingua castelá quere felicitalos polo seu éxito no devandito concurso.

Comentarios desactivados en Parabéns

9 Abril 2010

Abril: novas adquisicións

Evolución, de DAWKINS, D.: Sobre a evolución, hai moitos libros, pero as probas que testemuñan que houbo un proceso evolutivo guiado pola selección natural, non tantos,e este é o baleiro que pretende encher Richard Dawkins. Para os amantes da Bioloxía, a lectura deste libro é moi recomendable.

Las tres vidas de Stefan Zweig, de MATUSCHEK, O.: Biografía accesible, entretida e ben escrita dun dos escritores máis lidos no seu tempo, Stefan Zweig (Viena, 1881- Brasil, 1942), e á vez é un achegamento a un período histórico: a Europa Central duranteo período de entreguerras.

Eu maldigo o río do tempo, de PETTERSON, P.: A piques de cumprir os corenta anos, o protagonista, que podería sercalquera de nós, fai unha revisión da súa vida e das relacións que a miúdo mantemos con eses seres tan queridos e tan descoñecidos que son os nosos pais. O título está tomado dun poema de Mao (“quebradizas imaxes … eu maldigo o río do tempo”)

Comentarios desactivados en Abril: novas adquisicións

8 Abril 2010

ABRIL, mes da INTRIGA

Se che gusta a intriga, recomendámosche as seguintes lecturas, que están á túa disposición na Biblioteca:

 ALFAYA, A.: A sombra descalza. Xerais.

CALVEIRO, M.: Festina lente. Xerais.

CAMPO, M.: E Xoel aprendeu a voar. Alfaguara.

CASTRO F.: O ceo dos afogados. Xerais.

CLAUDEL, F.: El informe de Brodeck. Salamandra.

CONAN DOYLE; A.: As aventuras de Sherlock Holmes.

CONAN DOYLE; A.: As memorias de Sherlock Holmes. Galaxia.

CONAN DOYLE; A.: El regreso de Sherlock Holmes.

CONAN DOYLE; A.: El sabueso de los Baskerville. Anaya.

CONAN DOYLE; A.: Estudio en escarlata.

CONAN DOYLE; A.: Las aventuras de Sherlock Holmes.

CONAN DOYLE; A.: O can dos Baskerville. Xerais.

FARIÑA: A espada esmeralda.

FERNÁNDEZ PAZ, A.: Cartas de inverno. Xerais.

FERNÁNDEZ PAZ, A.: Corredores de sombra. Xerais.

FERNÁNDEZ PAZ, A.: Noite de voraces sombras. Xerais.

FORCADELA, M.: A procura do falso Grial.

HIGHSMITH: El talento de Mr Ripley.

LARSSON, S.: La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina.

LARSSON, S.: La reina en el palacio de las corrientes de aire.

LARSSON, S.: Los hombres que no amaban a las mujeres.

LEMA: Unha puta percorre Europa.

MALVAR, A.: Unha noite com Carla. Edicións Xerais.

MENDOZA: La verdad sobre el caso Savolta.

PENA, X. R. A batalla do paraíso triste. Xerais.

VILLAR, D.: A praia dos afogados. Galaxia.

VILLAR, D.: Ollos de auga. Galaxia

 

Comentarios desactivados en ABRIL, mes da INTRIGA