25 Maio 2010

Revista maio 2010

Maio: Novas adquisicións

Comentarios desactivados en Maio: Novas adquisicións

12 Maio 2010

MAIO, mes da POESÍA: actividades

O venres día 14 os  alumnos de 4º ESO C e Bacharelato van proxectar unha montaxe audiovisual das poesías musicadas de Uxío Novoneyra nunha proposta orixinal elaborada por eles mesmos.

O sábado día 15 ás 16 será o turno dos profesores. Se sintonizas  radio galega música, poderás escoitar a Xaime Estévez, ( si, si, o voso-noso profe), nun programa especial dedicado a Uxío Novoneyra.

 

5 Maio 2010

Club de lectura Merlín II: aviso.

 O próximo día 27 de maio “poñerémoslle o ramo”

ao club de lectura Merlín II

cunha visita cultural á librería Lello e irmao, en Porto.

Isto vai como adianto…

 

Comentarios desactivados en Club de lectura Merlín II: aviso.

1 Maio 2010

DÍA das LETRAS GALEGAS.

A RAG elixiu ao poeta Uxío Noveneyra para celebrar o Día das Letras Galegas do 2010.
Novoneyra, que pertenceu á denominada xeración dos 50 ou das Festas Minervais, deuse a coñecer no 1955 coa publicación do seu libro de poemas Os Eidos, que o converteu no representante da lírica paisaxística do seu tempo. Pero en Novoneyra tamén atopamos poesía de temática social, de carácter político e reivindicativo, como o poema que aparece a continuación na voz do propio poeta.

Para saber máis de Novoneyra, preme aquí.

Día das Letras galegas, preme aquí.

 

 

Maio, mes da POESÍA

Imos dedicar o mes de maio á poesía.
Se aínda non lle “colliches o gusto” a este xénero literario, é que o probaches pouco.
É imposible definir a poesía, hai que sentila.
Pedímosche a colaboración para converter maio nun agromar de palabras e sentimentos.
Mándanos ao blog ou deixa na biblioteca o teu poema preferido.
Podemos votar e elixir os que máis nos gusten e logo facer un recital acompañando ou non de música, ilustralos….e todo o que se che ocorra!

Desde a Biblio deixámosche aquí un dos nosos preferidos. Disfútao.

“A biblioteca, amado espazo de liberdade”

“Onde todas as palabras existen, estás ti comigo, aínda que xa non vaias ao meu carón.

Onde todos os libros habitan, tamén hai un oco habitable no que ti vives canda min.

Onde todas as historias, grandes ou pequenas, contadas ou cantadas, teñen cabida, a túa historia é unha máis das que fan que este mundo ula mellor.

Onde os bicos saben a papel.

Onde o papel ten a suavidade das caricias.

Onde o silencio está preñado de contidos.

Onde todo é posible entre catro paredes, porque a imaxinación verdadeira xamais será coutada con paredes…”  

 (Fragmento do poema de Neira Cruz).