22 Xuño 2010

Concurso de relatos curtos de Coca Cola

Varios alumnos do IES “Alvaro  Cunqueiro” participaron, como en anos anteriores, no concurso Jóvenes Talentos que convoca Coca Cola para premiar relatos curtos escritos por escolares de segundo curso da ESO. O departamento de Lingua Castelá e Literatura realizou unha selección previa dos traballos presentados e enviou ao concurso os seis mellor valorados (dous por cada un dos grupos A, B e C), que resultaron ser os seguintes:

En 2º A: Juan Area Figueroa e Carme Carrasco Pérez
En 2º B: Miguel López Caamaño e Sunil López Mahabubani

En 2º C: Elisabeth Fandiño Domínguez e Lucía Verdugo Gonzalo

Foi gañadora do concurso a alumna Carme Carrasco Pérez , quen, acompañada da súa profesora María del Carmen Veiga, acudiu ao Auditorio de Ourense para recibir o premio, que consistiu nun trofeo, un diploma, unha mochila de viaxe, un reprodutor MP3 e unha camiseta.

Ao final da entrega de premios, os alumnos, os seus profesores e seus pais foron obsequiados cunha cea.

Parabéns á gañadora e aos seleccionados. 

10 Xuño 2010

Representación teatral no instituto.

Os integrantes do Club Merlín I van representar para varios grupos de compañeiros unha obra de teatro.

“Club Merlín I”

 presenta:

 O achado do Castro.

 Venres, 18 de xuño, ás 12.30

no salón de actos.

9 Xuño 2010

Club Merlín I e II

Aquí vos quedan fotos das viaxes do Club lector.

O curso que vén esperamos contar con vós de novo.

Que teñades moitas e boas lecturas

 Viaxe a Porto

 

Viaxe a Santiago e Padrón

7 Xuño 2010

O biblioburro

Hai pouco coñecimos a existencia do biblioburro, actividade cultural en Colombia idea do profesor Luís Humberto Soriano para achegar a lectura a moitas aldeas colombianas.

Temos envexa do entusiamo destes nenos e nenas!

Nós témolo un pouco máis fácil, pero…

Que teñades todos boas lecturas!

 

Comentarios desactivados en O biblioburro

6 Xuño 2010

Exposición de selos

O IES Álvaro Cunqueiro organizou unha exposición sobre os selos como recurso didáctico  e a súa aplicación en materias como as linguas, as matemáticas, a bioloxía, etc. Esta exposición, de carácter divulgativo, consiste nunha selección de máis de cen selos acompañados dun texto explicativo.

Asistiron á inauguración diversas autoridades do ámbito educativo.

Comentarios desactivados en Exposición de selos

4 Xuño 2010

Parabéns para os rapaces do IES Pintor Colmeiro.

Comentarios desactivados en Parabéns para os rapaces do IES Pintor Colmeiro.