29 Novembro 2010

Club Lector Merlín II

Hoxe tes unha cita no “ceo” do Álvaro Cunqueiro.

Esperámoste!! Non precisas traer a “cometa”.

Un saúdo

As amantes da lectura.

Comentarios desactivados en Club Lector Merlín II

24 Novembro 2010

Día contra a violencia de xénero.

 

Se te trata mal, MALTRÁTATE

Se te quere non te maltrata, se te maltrata non te quere.

 No ano 1999 as Nacións  Unidas acordan declarar o 25 de novembro

día Internacional da eliminación da violencia contra a muller”.

 

No que vai de ano, en España, van 62 mulleres mortas

a man das súas parellas ou exparellas.

 O 70% dos malos tratos non se denuncian.

Rematemos con esta lacra,

implícate!!!!!!!!!!!

 TELEFONOS PARA DENUNCIAR ( gratuítos e anónimos as 24 horas do día):

900 400 273                  016.

Se queres saber de libros relacionados co tema da violencia de xénero, preme AQUÍ.

Comentarios desactivados en Día contra a violencia de xénero.

22 Novembro 2010

Día da Ciencia en galego no instituto.

  

 Se queredes ver as actividades realizadas no noso instituto

o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, premede aquí ou no cartel.

Comentarios desactivados en Día da Ciencia en galego no instituto.

18 Novembro 2010

CIENCIA que CONTA 2010.

Parabéns aos alumnos/as que participaron no concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia, convocado pola Universidade de Vigo “Ciencia que conta”, no marco da Semana da Ciencia.

 Dos máis de 160 relatos participantes, foron seleccionados: “Agnódice”, de Rocío González Fernández (2º BAC A) e “Orixe das células eucariotas: Teoría da endosimbiose seriada”, de Iris Zamora Rodriguez (2º BAC A).

 

O pasado sábado no Museo do Mar realizouse a entrega de premios e

o 2º Premio da modalidade Bacharelato e Ciclos foi para

….. Rocío González Fernández.

 OS NOSOS PARABÉNS

Se queredes ler o traballo premiado, premede no título que segue.

“Agnódice: unha muller nun mundo de homes”
AUTORA: ROCÍO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ.

Enlace a páxina ciencia que conta:

http://cienciaqueconta.wordpress.com/cqc10-relatos-premiados-bacharelato-e-ciclos/

Comentarios desactivados en CIENCIA que CONTA 2010.

11 Novembro 2010

Todo é silencio, de M. Rivas.

Comentarios desactivados en Todo é silencio, de M. Rivas.

9 Novembro 2010

Hora de ler 1º trimestre

  Á penúltima hora de todos os luns do 1º trimestre, o alumnado de ESO, dentro da “hora de ler”, traballará coas seguintes obras:

1º de ESO A e B: DAHL, R.: Charlie e a fábrica de chocolate.

2º de ESO A e B: Selección de relatos de M. Rivas, Fernández Paz, F. Alonso.

3º de ESO A: Giono, J.: O home que plantaba árbores.

3º de ESO B: Selección de relatos de García Márquez, M. Mayoral, P. Auster, Benedettti e B Atzaga.

4º de ESO A: TAHAN, M: El hombre que calculaba.

4º de ESO B: FERNÁNDEZ PAZ: O único que queda é o amor.

 

Comentarios desactivados en Hora de ler 1º trimestre

Club lector Merlín I

“Os libros arden mal”

 O club Merlín I comezou a súa andadura coa asistencia, no Verbum,  á representación teatral FAHRENHEIT, adaptación do grupo Limiar teatro da obra de Ray Bradbury.

 

>

Comentarios desactivados en Club lector Merlín I

Club lector Merlín II

“Mens sana in corpore sano”

 Na reunión do luns 15 propúxose a lectura da obra “Cometas en el cielo”, que será comentada o próximo luns coa asistencia dun especialista en historia.

 

Comentarios desactivados en Club lector Merlín II