23 Febreiro 2011

Club de lectura Merlín II

O libro que propoñemos é Mal de pedra de Milena Agus.

 A cita do principio resume perfectamente o seu contido:” se non te chego a coñecer nesta vida, deixa que polo menos te bote en falta”

Igual que no libro anterior, o amor pola lectura  e pola música son  un elemento definitorio  dos personaxes.

Nesta ocasión, sen deixar de prestar atención á música, centrarémonos noutros temas relacionados coas ciencias: o mal de pedra causas e consecuencias, a hidroterapia, e moito mais…

 TAMÉN IMOS TER SORPRESA.

 Vémonos o luns 28 de febreiro ás 18:30.

Un saúdo

Comentarios desactivados en Club de lectura Merlín II

9 Febreiro 2011

2011, un ano cheo de conmemoración.

 “Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: “eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”.  (A. Cunqueiro)

Abofé que o conseguiu, a nosa lingua segue viva.

2011 é un ano cheo de conmemoración :

1) Cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro, e no noso IES  ímolo homenaxear como merece porque en palabras do propio autor:

 “O eu que vive e anda

resiste e non esquece ren,

despedíndose farto da vida

cando a vida de meu e maila súa acaben,

pero eu resucitarei que só volven

os que recordan, compañeiros”.

                        (Herba aquí e acolá)

2) Balbino cumpriu en xaneiro cincuenta anos! E aí está, el nunca  morrerá aínda que  se consideraba a si mesmo  un ninguén:

“Eu son… Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen di, un ninguén”. Así comeza  un dos mellores  libros da literatura galega Memorias dun neno labrego. Todo un clásico.

3) O día das   Letras galegas dedícaselle a Lois Pereiro, del son os seguintes versos:

“Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra

algo de min que me sobrevivise…”

                    (Poesia última de amor e enfermidade)

Deste autor tés mais información na Web do Instituto http://centros.edu.xunta.es/iesalvarocunqueiro/?q=category/6/54

Sube á Biblioteca. Estes e outros moitos libros están desexando coñecerte

Comentarios desactivados en 2011, un ano cheo de conmemoración.

8 Febreiro 2011

Membros Club Merlín II

Se vos gustou “Sabor a canela”, se amades a música, recomendámosvos outros dous títulos que cremos que non vos van defraudar:

”El violonchelista de Sarajevo (Steven Galloway) e  

“Sonata para Miriam” (Linda Olsson),

dúas novelas sobre o poder curativo da música e  que nos reconcilian coa humanidade.

 Un bo libro é o noso mellor aliado para superar  situacións adversas, se compartes esta opinión, disfrutaras coa lectura de   “El día antes de la felicidad” (Erri de Lucca).

 Hai exemplares na  nosa Biblioteca.

Comentarios desactivados en Membros Club Merlín II