30 Marzo 2011

Novidades Biblioteca

Comentarios desactivados en Novidades Biblioteca

24 Marzo 2011

Club de lectura Merlín

O ano 2011 coincide co centenario do premio Nobel outorgado a Marie Curie, que foi a primeira muller en recibir dous premios Nobel e tamén a primeira que impartiu clases na universidade. Por este motivo, este ano foi declarado

ano da muller e a ciencia.

O noso IES quere sumarse a esta iniciativa polo que o terceiro trimestre imos dedicalo a visualizar as mulleres que loitaron para ocupar un lugar no que era a súa paixón: a ciencia.

Desde a Biblioteca propoñemos os libros para entra en materia:
Club Merlín I: La evolución de Calpurnia Tate, de J. Kelly.
Club Melín II: Marie Curie, de B. Goldsmith

A actividade comezará o día 4 de abril coa intervención da directora na xuntanza do Melín II, que nos fará unha análise de  Mal de Pedra, desde o punto de vista científico e rematará con dúas visitas culturais, unha á Coruña onde visitaremos a Casa das Ciencias, o Domus e o Aquarium; a outra, ás Salinas  da rúa Areal da nosa cida

Imos de visita cultural o día 6 de xuño
                    Hora: 11:oo Acuario
                             13:00 Domus

Comentarios desactivados en Club de lectura Merlín

10 Marzo 2011

8 de marzo: Día da muller.

Somos diferentes, somos iguais.

8 de marzo “día da muller traballadora”, hai algunha que non o sexa?.

Para conseguir a igualdade non abonda coa lexislación, cremos que é fundamental a educación.

Aproveitamos esta data tan mediática para seguir insistindo na igualdade dos seres humanos, sexa cal sexa o seu sexo .

Propoñemos a lectura de dous textos para abrir o debate e axudar a reflexionar:
– “Carta de una madre”, de  C. Santos (alumnos de ESO).
– “Fundación libélula”, de Yasmina Shawski (alumnos de BAC.).

Nas sesións do Club lector deste mes tamén incidiremos neste tema que de maneira implícita ou explícita está nos libros propostos para este mes.

  • ACTIVIDADES RECOMENDADAS:

    Redacción: “Miña nai, muller traballadora”.

    Buscar información sobre as seguintes cuestións:

    Por que se elixiu o 8 de marzo para esta conmemoración?

    Quen o propuxo?

    Cando obtiveron as mulleres españolas o dereito a voto?

    Quen foi Clara Campoamor?

    Fíxate nos anuncios publicitarios, cres que son sexistas?. Argumenta a túa resposta

Comentarios desactivados en 8 de marzo: Día da muller.