18 Outubro 2011

Día das Bibliotecas.

  

  

O luns día 24 de outubro é o  “DÍA DAS BIBLIOTECAS” . 

 Nós conmemorámolo os días 24 e 26 (luns e mércores) con diversas actividades: 

  • Visita do alumnado de 1º e 2º de ESO á Biblioteca, onde o profesorado encargado da mesma lles explicará o funcionamento da mesma segundo o seguinte horari
DÍA CURSO PROFESORADO
Luns 24 de outubro11:20 a 11:45 1º ESO A Julio Gil
Luns 24 de outubro11:45 a 12:10 1º ESO B Carmen Veiga
Luns 24 de outubro12:30 a 13:00 1º ESO C Carmen Bastida
Luns 24 de outubro13:00 a 13:20 2º ESO A Carmen Castaño
Mércores 26 de outubro12:30 a 13:00 2º ESO B Tomás Ortega
Mércores 26 de outubro13:00 a 13:20 2º ESO C Carmen Castaño

  • Lectura do poema “A biblioteca”, de Neira Cruz.
  • Actividade: busca os seguintes libros e copia o Título e o nome do autor.

Punto verde: 821.111 DUR               

Punto marelo: 869.9-34 CAS  

Punto rosa: 908(77)  MEN                 

Punto azul: 1 HES  

  • No vestíbulo proxección das mellores “Bibliotecas do mundo” e agasallo de libros.
  • Entrega do tríptico que recolle información de interese sobre a Biblioteca para o alumnado e familias.

    

A biblioteca,  

Amado espazo de liberdade  

 Onde todads as palabras existen, estás ti comigo, aínda que xa non vaias ao meu carón.  

Onde todos os libros habitan, tamén hai un oco habitable no que ti vives cando min.  

Onde todas as historias, grandes ou pequenas, contadas ou cantadas, teñen cabida, a túa  

Historia é unha máis das que fan que este mundo ula mellor.  

(…)  

Pero esa, como xa sabes, xa será outra historia

Comentarios desactivados en Día das Bibliotecas.

16 Outubro 2011

Ciencia que conta: Concurso de relato curto.

Presentación do traballo.

O traballo debe ser orixinal e inédito. A extensión máxima será de 1000 palabras (aproximadamente tres follas DIN A4).

Prazo.

O prazo de recepción dos traballos remata o 24 de outubro de 2011.

 Tema dos traballos.

Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:

– Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, un descubrimento, etc.

– Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas exploracións da natureza, etc.

– Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras), observacións da nosa vida cotiá (na rúa, na cociña, na praia, na festa, nas atraccións de feira, etc.).

– Científicos e científicas: baseado en algún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún descubrimento, como se lle ocorreu ou elaborou algunha teoría ou lei. Non debe ser unha mera descrición da súa vida.

– Valoraranse relatos que inclúan mulleres como protagonistas ou arredor de historias de mulleres.

– Na web: http://cienciaqueconta.wordpress.com/  pódense ler as publicacións resultantes dos concursos anteriores.

  • Escolle unha idea sobre a que facer o relato
  • O título é moi importante, debe ser directo e preciso.
  • Procura información que te documente sobre esa idea
  • Pensa na estrutura que vai ter o teu relato
  • Reflexiona sobre as ideas, ciencia, etc … que queres comunicar

 

PREMIADAS NO CONCURSO DE RELATOS “ CIENCIA QUE CONTA”

 Relatos gañadores:

  • AVOA, SABES QUEN SON ? escrito por Carmen Estévez Moreira 1ºBac A
  • A HORMONA: UNHA GRAN COORDINADORA DE TRABALLO, escrito por Raquel Lago López 1º Bac A

 

 

Comentarios desactivados en Ciencia que conta: Concurso de relato curto.

10 Outubro 2011

Clubs de lectura Merlín

 Libros, camiños e días dan ao ser humano sabedoría

 Sabes que temos un club de lectura para ti?

 Os nosos Clubs de lectura son “Merlín I” pensado para alumnos e “Merlín II” para toda a comunidade educativa.

 Nestes Clubs, o equipo de Biblioteca  propón uns libros que convidan a comentar e  reflexionar.

Pretendemos unir o lúdico co didáctico.

 As reunións do Merlín II celébranse o último luns de cada mes, agás cando coincida día non lectivo (por esa mesma razón a primeira xuntanza ímola adiantar para o luns 24 de outubro).

Pódese asistir ás reunións cando se queira e poida (non pasamos lista), incluso cando non se teña lido o libro.

As lecturas complementaranse coa proxección dalgunha película relacionada co tema da lectura proposta.

 No club” Merlín I “ Podes participar de dúas maneiras:

a) O libro do trimestre: propoñemos un libro que ti podes ler cando queiras e onde queiras. Podes ler en calquera das linguas que se imparten no IES e haberá sempre un membro do profesorado que se encargue da actividade.b)Presencial, as sesións desenvolveranse na Biblioteca e van estar dinamizadas polas profesoras: Candelas Nogaledo e Carme de la Torre.

Anímaste?

Podes deixar as túas propostas de lectura en comentarios no noso blog

http://merlin.blogaliza.org/

 

 

4 Outubro 2011

Aviso pais Club Merlín II

Aviso Club Lector Merlín II

 CLUB DE LECTURA “MERLÍN” II

 “Un libro aberto é un cerebro que fala; cerrado, un amigo que espera;

 esquecido, alguén que perdoa; destruído, un corazón que chora.” (Proverbio hindú)

 

Se che gusta ler, ven á Biblioteca o luns 24 de outubro ás 18:30.

 

Consultade a páxina Web do instituto para ver notas, avisos, etc do Club Lector Merlín II

 http://centros.edu.xunta.es/iesalvarocunqueiro

 Ide a Biblioteca, animación á lectura, Club Lector Merlín II

Comentarios desactivados en Aviso pais Club Merlín II