24 Novembro 2011

A lingua sabe a pan.

Comentarios desactivados en A lingua sabe a pan.

23 Novembro 2011

REUNIÓN CLUB MERLÍN II 28 de novembro.

Autora:
Susanna Tamaro (Triestre,1957) comeza a súa andaina literaria no ano 1989 pero o seu recoñecemento internacional chégalle coa publicación da novela que che propoñemos, que ten unha segunda parte (“Ascolta la mia voce”).

Título: “Onde o corazón te leve”

Síntese:
A novela é unha carta que unha avoa escribe á súa neta, coa esperanza de que a lea e chegue a comprender todo o que non souberon explicar , entender e perdoar.
A escritura epistolar sérvelle á avoa par lembrar e reconstruír o pasado: a infancia, o matrimonio, a infidelidade, a morte da filla, o distanciamento da neta…..

Ideas centrais:

A memoria e a comunicación como formas de coñecemento.
O valor da ancianidade e a experiencia.
A asunción da culpa como forma de aprendizaxe.

Temas:
– comunicacón
– amor.
-amizade.
-familia.
– ética e conduta

3 Novembro 2011

Club Lector Merlín II: 1ª reunión

A NOVELA:

Publicada en 1985 “La sonrisa etrusca”é unha profunda reflexión  sobre o paso do tempo, a morte a debilidade do ser humano pero tamén um canto á vida ao amor e á tolerancia.

A novela articúlase nun xogo de contrarios que se corresponden con dous tempos e dous espazos:

  • O rural/ urbano
  • Calabria / Milán
  • Pasado /    presente
  • Tradición/ modernidade
  • Intolerancia/empatía.

Sobre estas dúas maneiras de ver a vida (Salvatore/Andrea) actúan como elemento unificador dous personaxes: Brunetino e Hortensia, eles son os que conseguen  que Salvatore cambie a súa óptica vital, humanizándoo, pero non só modifica o seu comportamento o avó, tamén Andrea, a nora, evolucionará ao longo da novela desde a intolerancia do comezo á empatía do final.

 Descubrirás moitos máis temas nesta novela.

Esperámoste o luns día 28 de novembro para o comentario e a reflexión.

 

Comentarios desactivados en Club Lector Merlín II: 1ª reunión