31 Xaneiro 2013

Día da Paz

Un ano máis, a partir do 30 de xaneiro, celebraremos o “Día Escolar da Paz e Non Violencia”. Desde a Biblioteca propoñemos diversas actividades por se queredes participar do evento.

  • Que é a paz?
  • Que significado ten a pomba?
  • Biografías de grandes personaxes que destacaron no eido da paz.
  • Paz en diferentes idiomas.
  • Desexos de paz.
  • Concurso de relatos: cando penso na paz penso en …
  • A violencia e os conflitos armados: mapamundi cos conflitos recentes.
  • Proxección de películas para ESO e BAC: “Senderos de gloria”, “Invisibles: Buenas noches Ouma”. “Las tortugas también vuelan”
  • As guerras e os nenos soldado.
  • Cancións que falan da paz.
  • Poemas sobre a paz.
  • Anímate a ler: proposta de libros de interesantes en relación co tema da paz.
  • Ánimate a ver: proposta de películas encol do tema da paz.

 

Comentarios desactivados en Día da Paz

25 Xaneiro 2013

Club MERLÍN II. Luns 28.

Esperámoste o luns 28 á hora de sempre.
Comentaremos o

 “REQUIEM POR UN CAMPESINO ESPAÑOL”.

O Asasino
Nin cadeas nin leis o perseguen,
mais nunca será libre.
Os seus brazos sanguentos van atados
ao invisible cepo do remorso…
(Celso Emilio Ferreiro).

Comentarios desactivados en Club MERLÍN II. Luns 28.