Un ano máis arrincamos o Club Lector do IES Álvaro Cunqueiro con moita ilusión.

Comenzaremos coa lectura do libro

A neta do señor Linh” de Philippe Claudel.

Son moitas as razón polas que volo recomendamos: é pequeno, fácil de ler, está escrito de maneira sinxela e natural en terceira persoa.

Deixa de lado datos que non son relevantes, como os países de onde procede a a onde chega, para dar forza  a pequenos detalles importantes, deixando entrever moitos sentimentos dos que cabe destacar sobre todo a amizade e a soedade. Acércanos tamén ao drama do exilio.

Este libro fainos pensar que, desgraciadamente, na actualidade hai moitos  “señor Linh” polo mundo adiante.

 É  un libro inquietane e  marabilloso !

Algúns dos temas   que trata e dos que se pode debater: as guerras, o exilio e o temas dos refuxiados, perda de identidade, expatriación.

A soedade nun país estraño onde todo é distinto ( o idioma, as cores,os olores, as poboacións….) e a protección que se consegue cando atopas a alguén que che fai sentir que existes aínda que só sexa poñéndoche a man no ombro.

O desamparo, a tristeza, a nostalxia

A necesidade de aferrarse a algo que lle recorde a súa familia, o seu pobo, país. Precisa vivir para coidar á súa neta e cántalle a canción para que ela poida cantarllela aos seus fillos. Necesita un vínculo coa súa familia e o seu país.

Agradecemento (cando lle trae os cigarros).

A amizade sobre todo. Representada nos dous amigos que sen falar o mesmo idioma, comparten a soedade non desexada . Os dous coinciden no mesmo banco, os dous perderon as súas mulleres, os dous añoran as súas familias, os seus fillos mortos, a súa terra, o seu fogar, a vida. É unha amizade  tenra, doce, sincera, necesaria para os dous e esperanzadora, que non coñece barreiras nin culturas .

-No señor Linh está representado o tesón, a fortaleza, a coraxe e a esperanza que o levou ao exilio, e logo a buscar o seu amigo poñendo en perigo a súa integridade física.

– No seu amigo está representada a xenerosidade. A pesar de que sabe que a neta non é real, non se burla del e incluso lle regala o vestido.

– O amor .

Parécenos  un libro moi poético. A pesar de ser un drama, está escrito con tanta tenrura que suaviza os temas dos que trata.