O luns 28 outubro 2013 comezamos a andadura do club lector Merlín. Un curso máis incondicionais da lectura xuntámonos para compartir momentos en torno aos libros.

Despois da presentación dos participantes as coordinadoras comentaron o plan de lectura para este curso.

Para empezarmos, una novela curta: “A neta do señor Linh de Philippe Claudel. Destapa as desfeitas que produce a guerra, a soidade, e a amizade como salvación fronte á desesperanza. Tamén leremos “El abanico de seda” de Lisa See, La casa del propósito especialde John Boyne, e proxectaremos películas como “Entre copas” de Alexander Payne, Jim Taylor, “Unha pistola en cada mano” de Cesc Gay .

 Finalmente estas son as recomendacións das lecturas de verán do Club lector Merlín.

 Las voces del Pamano (2011) de Jaume Cabré, novela que revolve as entrañas da Guerra Civil e da posguerra, desvela matices que a miúdo pasan desapercibidos e que dan sentido aos feitos históricos e á necesidade de manter viva a súa memoria.

 Mala gente que camina (2006) de Benjamín Prado (Madrid, 1961), trata un tema tan actual e dramático como é o roubo de nenos

 Operación Gladio (2011) novela de espías na que se indagan algúns dos sucesos máis escuros da Transición española.

La verdad sobre el caso Harry Quebert de Joël Dicker, novela policiaca e romántica, a  verdade só chega ao final dun longo e apaixonante percorrido.

Casa de verano con piscina de Herman Koch, novela que retrata o tempo que vivimos, reflexión sobre a ética profesional, a falsidade das relacións sociais, a comunicación entre pais e fillos, os límites da liberdade sexual ou o sentido da culpa no seo dunha sociedade permisiva e autocompracente.

Una temporada para silbar  (2011) de Ivan Doig . Axúdanos a descubrir os auténticos vaqueiros de Montana de principios do século XX. “No cocina pero tampoco muerde”. Así comeza o anuncio no que Rose Llewellyn, unha viúva de bos costumes, se ofrece no outono de 1909 como ama de chaves.

 La cena de Herman Koch(2012). Ata onde é capaz de chegar un pai para encubrir o seu fillo, que comete un delicto inxustificable? Debe prevalecer o instinto de protección paterna ou a lealdade a unhas normas sociais que garanten a coherencia e a fortaleza de grupo? Estas e outras preguntas xorden durante a lectura de “La cena”, unha novela aceda e provocadora que apunta sen miramentos a toda unha clase social acomodada.

 El tiempo mientras tanto  de Carmen Amoreana (2010). Son moitas as mulleres que adoitan vivir unha vida de novela. Esta é unha historia de mulleres unidas por lazos de amizade, de amor e de familia e que, a pesar diso, se converten en descoñecidas. Só unha mirada dende a distancia lles axuda a recompoñer o seu propio mapa vital.

 Palmeras en la nieve. Luz Gabás.(2012). En 1953, Kilian abandona a neve da montaña oscense para iniciar, xunto co seu irmán .Jacobo, unha viaxe de ida a unha terra descoñecida e exótica, a illa de Fernando Poo. Nesta terra os irmáns descobren a frívola vida social da colonia en comparación coa vida española do momento. Pero un deles cruzará unha liña prohibida, casar cunha nativa.

 Dejar las cosas en sus días. Laura Castañón (2013). Unha novela de personaxes e historias entrelazadas na mellor tradición das sagas familiares e capaz de crear, á súa vez, episodios da Historia de España do século XX. É unha novela sobre as relacións entre memoria, pasado e identidade. A través de Aida, unha periodista que vive obsesionada con encontrar os restos do seu avó asasinado durante a Guerra Civil, reconstrúe a historia da súa familia, os Montañés, dende que se afincaron en Asturias a principios do século XX para traballar nas explotacións mineiras do Marqués de Comillas, paradigma da paternalismo industrial nun entorno axitado polo movemento obreiro.

 Intemperie. Jesús Carrasco.(2013) O libro narra a fuxida dun neno a través dun país castigado pola seca e gobernado pola violencia. Un mundo pechado, sen nomes nin datas no que a moral escapa  polo mesmo sumidoiro polo que se foi a auga.

 Te daré la tierra .Chufo Lloréns.(2008) A Barcelona do século XI alberga nos seus muros dúas historias marcadas polo drama, o amor e a ambición. Unha novela que une ficción e historia para crear unha cidade na que os pactos, as intrigas de palacio, a ambición comercial e a convivencia entre relixións,tínxense coas emocións mais intensas.