30 Outubro 2014

Club Merlin: Apaixoadas mergulladoras…

dibujo

Benvidos un ano máis ao Club Lector Merlín. Agradecer a vosa asistencia e colaboración, destacar especialmente o labor de Carmen de la Torre e Candelas Nogaledo, o seu esforzo por manter vivo este club lector. Xa en xullo, estiveron traballando na selección de lecturas do ano pensando en vós: defensoras apaixoadas da lectura, que como o amor, non acepta os verbos conxugados en imperativo, e pon ao noso alcance o mellor da Humanidade.

O club lector invítavos a charlar sobre libros que lemos, a intercambiar ideas e opinións, a mergullarnos no placer da lectura e na maxia das palabras e a degustar os extraordinarios dulces cos que nos deleita Carmina Toscano.

Grazas a todos.

Comentarios desactivados en Club Merlin: Apaixoadas mergulladoras…

8 Outubro 2014

Club Merlín: Comenzamos un novo curso!

497359788426421807

Un ano mais comenzaremos as sesións de Club Lector do IES Álvaro Cunqueiro o luns 27 de outubro.
Afrontamos o novo curso con moita ilusión e solicitando a vosa participación.
En principio proporemos dúas lecturas:
-La estepa infinita, de Esther Hautzig
-La vida cuando era nuestra, de Marian Izaguirre.
ESPERÁMOSVOS!!!!!!!!!!!!!
Comentarios desactivados en Club Merlín: Comenzamos un novo curso!