Un ano máis botamos a andar o “ Club Merlín II”, e van alá dez cursos.

Dado o éxito tan prolongado desta actividade, continuamos coa mesma dinámica desenvolvida durante todos estes anos.

Reunión: O último luns de cada mes. Este curso adiantamos a hora de comezo, que será ás 18 h. Excepcionalmente e debido a que o último luns de outubro se  celebra o día do Ensino e, polo tanto, non é día lectivo, adiántase ao luns 24.

Desenvolvemento: Proposta de lecturas que fomenten o debate e reflexión, sobre temas como: intolerancia, solidariedade, homofobia… As lecturas virán acompañadas do visionado de películas relacionadas co tema a tratar.

Este curso renderemos una homenaxe especial a tres escritores galegos:

Carlos Casares, a quen se lle dedica o día das letras galegas e cuxa novela “ Ilustrísima” pretendemos que sirva para iniciar o tema da intolerancia.

Neira Vilas e Agustín Fernández Paz “ in memoriam”. As lecturas destes dous autores aínda están por determinar