1ª sesión Club Lector Merlín, 24 de outubro 2016.

Proposta de lectura: “MATAR A UN RUISEÑOR”.

matar-a-un-ruisenor-portada

O DESAFÍO DE VIVIR EN PAZ CON XENTE QUE É DIFERENTE.

Autora: HARPER LEE

Contexto histórico: Anos 30.  A Gran Depresión.

Lugar: Maycomb, un pobo imaxinario de Alabama.

Este libro é un manual de cidadanía cunha galería de personaxes impresionantes. A protagonista, que vai da infancia á madurez pasando pola adolescencia, aprende da vida a través de determinados acontecementos.

Temas que aborda:

  • O racismo e as súas expresións: escravitude, segregación, discriminación, desigualdade social. Os prexuízos en contra dos cidadáns afroamericanos.
  • Os dereitos civís.
  • A ética profesional dun avogado que decide defender a un home inocente sen importarlle as consecuencias.
  • A figura do pai, heroe silencioso: valores e leccións que transmite sobre a convivencia, empatía, respecto e comprensión. “Un non comprende de veras a unha persoa ata que considera as cousas desde o seu punto de vista”.
  • A amizade.
  • A relación paterno-filial.
  • A violación.
  • O trato á muller.
  • A importancia da familia na educación en valores.
  • A vinganza.

harper-lee-matar-a-un-ruisenor