astrid_y_veronika_300_dpi-imprimir

ASTRID Y VERÓNICA, de Linda Olsson

Lectura amable e intimista, ritmo lento que non chega a cansar pola brevidade dos relatos no que abundan os monólogos sinxelos pero fortes e intensos.

Novela sutil e introspectiva sobre a amizade, a esperanza e a idea de que sempre hai un novo renacer, independentemente da idade que teñamos ou a gravidade da situación que esteamos atravesando.

O relato céntrase na amizade e na importancia das relacións que se crean entre as persoas.

Dúas mulleres aparentemente moi distintas, dúas vidas atormentadas que sobreviven a través dunha intensa relación de amizade.

A medida que se vai forxando a súa relación, imos albiscando o pasado e os segredos dunha e outra. Veronika busca a soidade; Astrid necesita compañía.

A novela é breve, dividida en 36 capítulos, alterna o tempo presente cos recordos ou flashbacks das nosas protagonistas.

Destacar varios elementos ou personaxes secundarios: a casa de Astrid, a música, o silencio e a poesía: cada capítulo comeza cun verso.

Observacións para a xuntanza:

  • A posibilidade de renacer independentemente da idade e a situación vital.
  • A amizade e a axuda.
  • A relación en que ningunha xulga á outra, incluso ante confidencias de gran dureza.

“Vidas atormentadas que só son capaces de sobrevivir a través dunha intensa relación humana”

linda-olsson-lite