9 marzo 2010

Novas adquisicións da biblioteca. Marzo 2010

UN LIBRO, A MELLOR VIAXE. 

 Espérante na Biblioteca:

 Aldecoa, J.: Cuentos. Cátedra.

 Auster, P.: Invisible. Galaxia.

Auster, P.: Tombuctú. Anagrama.

Campo, M.: E Xoel aprendeu a voar. Alfaguara.

Celaya, G. : Memorias inmemoriables. Anaya.

Costas, H.: 55 mentiras sobre a língua galega. Laiovento.

Hernández, M.: Antología poética. Vicens Vives.

Joyce; J.: Ulises. Cátedra.

Lee, J.: La maestra de piano. Salamandra.

Machado, A.: Juan de Mairena. Cátedra.

Poe, E.: El gato negro. Anaya.

Schami, R.: El secreto del calígrafo. Salamandra.

Schmitt: El señor Ibrahim y las flores del Corán. Destino.

Schmitt: O señor Ibrahim e as flores do Corán. Faktoría K.

Varios: Cuentos fantásticos en la España del realismo. Cátedra.

Villar, D.: A praia dos afogados. Galaxia.

 

3 marzo 2010

Marzo, mes da música: Concerto da E-TRADE

Dentro das actividades de MARZO mes da MÚSICA, onte día 2 de marzo celebrouse, no instituto Álvaro Cunqueiro, un concerto a cargo dos membros da Escola de Música Tradicional de Vigo (E-TRADE).

 Asistiron alumnos de 3º, 4º de ESO e os de música de 1º e 2º de Bacharelato.

1 marzo 2010

MARZO: mes da MÚSICA

Actividade organizada pola Biblioteca en colaboración co Departamento de Música.

“Despois do silencio, o que máis se achega a expresar o inexpresable é a música”  (A. Husley).

“Donde hay música no puede haber cosa mala” (O Quixote de Cervantes).

 Actividades:

  • Concerto de música tradicional a cargo do profesorado da E- TRADE de Vigo (2 de marzo).
  • Concerto das estudantes do Instituto (18 de marzo).
  • Recital poético-musical (Rosalía. Lorca, Novoneira…)

 Libros recomendados:

  • CAMPO, Marica: E Xoel aprendeu a voar.
  • ALÉN, M.: Historia da música galega.
  • LOPO, S.: Peaxes.
  • GARCÍA LORCA: La zapatera prodigiosa.
  • MASON, D.: El afinador de pianos.
  • NÚÑEZ SINGALA: O achado do castro.
    ESTÉVEZ, X.: Músicos con clase.

23 febreiro 2010

Club Merlín: Encontro con A. Fernández Paz

 

A xenerosidade, amabilidade e boa disposición de Agustín cando lle propuxemos acudir ao noso Club de Lectura Merlín, fixo posible contar coa súa presenza.

A súa obra, traducida a diversas linguas, constitúe un referente da literatura infantil-xuvenil galega, merecente de abundantes premios, entre eles, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2008 pola súa obra: “O único que queda é o amor”, libro pragado de invitacións á lectura, onde os personaxes descobren que o amor,  en todas as súas variantes, é un sentimento poderosísimo.

Neste encontro:

  • Achegámonos á súa obra O único que queda é o amor: Como se xestou? Cal foi a orixe dos relatos e o xermolo de cada historia?
  • Achegámonos a súa persoa: De que libros se sente máis satisfeito? Cales son os seus autores favoritos?
  • Achegámonos a súa obra: temas, intertextualidades, estratexias narrativas, ideas sobre a literatura…

8 febreiro 2010

Febreiro: mes do cómic.

FEBREIRO: mes do CÓMIC

 Día 22 de febreiro

Visita de ANXO FARIÑA, autor de Os Megatoxos.

            Asistirán:

  • Ás 16:30, 2º ESO C, 3º ESO C, 2º ESO A.
  • Ás 17:20, 3º ESO A, 3º ESO B, 2º ESO B.

 A actividade desenvolverase no salón de actos.

2 febreiro 2010

O entroido

AS FESTAS DO ENTROIDO

 O Entroido é unha das festas máis celebradas en Galicia. Comeza o domingo da sesaxésima coa festa maior denominada domingo fareleiro ou borrallento. Seguen o xoves de comadres, o domingo de Entroido e o martes, día principal, no que en moitos lugares se celebra a queima do Meco que vén sendo o Entroido personificado. Neste personaxe está resumida toda a simboloxía carnavalesca, ben sexa como final dun ciclo cósmico representado no ano, ben sexa dun ciclo vexetativo, ou histórico- social, conxugando os dous anteriores. Soe rematar a festa cun “pranto” que recibe distintos nomes segundo os lugares; enterro do Ravachol en Pontevedra, enterro da sardiña en Vigo, etc..

Nesta festa hai dous aspectos que se poden salientar: o litúrxico e o festeiro. O seu significado do latín introitus, “entrada”, remítenos á liturxia, é a antesala das “ carnes tollendas”, prohibición da carne e das festas.

 As máscaras, as bromas, e a gastronomía  configuran o aspecto festeiro. As máscaras atópanse nestes días en todas as cidades, vilas e aldeas galegas. Chámanse segundo os sitios máscaras, mascaritas, entroidos, felos mecos, peliqueiros….Son soados os cigarróns ou peliqueiros de Laza, Verín, Xinzo; as charrúas en Allariz, madamitas en Cotobade, escabicheiros ou merdeiros en Vigo.

 O Entroido ten tamén unha gastronomía propia. Predomina a carne de porco e postres especiais como filloas de sangue ou as farandelas, flores fritidas, orellas de frade, etc.. Pratos principais son a cacheira e o rabo  e a sentencia di: alegría, alégrote que anda o rabo do porco no pote.

Lectura recomendada :  o segundo lance de  “Os vellos non deben de namorarse”       

1 febreiro 2010

Febreiro, mes do cómic

Actividade organizada polos Departamentos de Plástica e Linguas, co obxectivo de fomentar a lectura a través do cómic.

Libros recomendados e á vosa disposición na Biblioteca:

Contaremos coa presenza de ANTÓN FARIÑA, autor de OS MEGATOXOS.

  

 

No programa de 3º de ESO da materia de Educación Plástica e Visual traballamos o cómic.                                                                          
Os alumnos aprenderán a narrar historias a través de imaxes. Explicamos os conceptos de:
       Viñeta, Encuadre, Bocadillos, Onomatopeyas, Liñas cinéticas
Para poñer en práctica os conceptos teóricos os alumnos realizarán unha práctica que consistirá en elaborar unhas tiras de cómic a partires dun texto que eles secuenciarán e ilustrarán con personaxes creados por eles.

 

2 decembro 2009

ROTA LITERARIA

 Despois de ler A esmorga éntranos o desexo de ir coñecer in situ o labiríntico percorrido que naquela malfadada noite fixeron os tres famosos esmorgantes: Cipriano, Eladio e Juan Fariña (alias Pucha podre, o Maricallas e o Bocas). Así que o próximo día 10 de decembro marchamos a Ourense. Saímos ás 8:30 e a volta xa se verá… E dado que este curso temos como proxecto interdisciplinar “o mundo da filatelia”, nós faremos o noso propio selo tomando como referencia este 

sello- blanco amor

Aproveitamos para visitar tamén o pazo de Trasalba e render homenaxe ao “Patriarca das letras galegas” Don Ramón Otero Pedrayo.

Mandaremos fotos. 

(Departamento de galego, Biblioteca, Normalización Lingüística)

Rota dos esmorgantes. Preme aquí.

Máis información sobre A esmorga. Preme aquí.

Máis información sobre O pazo de Trasalba. Preme aquí

Alumnado de 2º de Bacharelato participante na rota

Rota esmorga_09

24 novembro 2009

Biblioteca: Novas adquisicións. Novembro 09

 NOVAS ADQUISICIÓNS Biblioteca Novembro 09

“Os libros dan corpo ás nosas ideas e á nosa imaxinación, encárnanos ; a biblioteca é a cidade  onde reside esa encarnación do noso interior” 

  • Allan Poe: Contos completos. Galaxia
  • Aneiros, Rosa: Sol de inverno. Xerais
  • Astérix e Obélix en A odisea de Astérix.
  • Astérix e Obélix en O libro de ouro.
  • Borges: El Alep. Alianza
  • Cercas: Anatomía de un instante. Mondadori
  • Cerezales, C.: Música blanca. Destino
  • Connan Doyle. The return of Sherlock Holmes.
  • Fabretti: Malditas matemáticas. Alfaguara
  • Fariña, A.: Os megatoxos. A Nosa Terra.
  • Fernández Paz, A.: O único que queda é o amor. Xerais.
  • Flori, J.: Leonor de Aquitania. Edhasa.
  • Holmes, A: Clark street 64. 451.http
  • Hornby, N: Un buen chico. Anagrama.
  • Khadra,Yasmina “Lo que el día le debe a la noche”, Destino
  • Muñoz Molina “Plenilunio”, Punto de lectura
  • Pamuk,Orhan “Neve”, Galaxia
  • Queipo, Xavier “Felices e diferentes”, Laiovento
  • Reimóndez, M.: Pirata.
  • Savage,S. “El lamento del perezoso”, Seix Barral
  • Shakespeare “Hamlet”, Cátedra
  • Shakespeare “Romeo y Julieta”, Cátedra
  • Szymborska, W.: Paisaje con grano de arena. Lumen.
  • Valcárcel, X.: En voz baixa. Esquío.
  • Valente, J. A.: Obra poética. Alianza.
  • VV AA: Ninguén está só.
  • Wagensberg, J.: Yo, lo supérfluo y el error. Tusquets.
  • Welty, E.: La hija del optimista. Impedimenta
  • Zeman, A.: Retrato do cerebro. S. L. Mont.

16 novembro 2009

Bo aniversario Astérix! Bo aniversario Obélix!

AsterixObelix

 O xoves 22 de outubro cumpríronse  os 50 anos da saída á venda do primeiro libro de Astérix e Obélix. Para celebralo,  nas librerías de todo o mundo ponse a venda “O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro”, onde os nosos heroes, xa xubilados, lles contan aos seus netos as súas batallas contra os romanos 

Xa na nosa BIBLIOTECA

este e outros libros destes dous famosos “Galos”, e mesmo en diferentes idiomas. 

« Anotacións anterioresSeguinte páxina »