18 Febreiro 2015

Reunión luns 23

 

O día 23 de febreiro esperámosvos para a reunión do Club lector

.libros-voando2

Comentarios desactivados en Reunión luns 23

24 Xaneiro 2015

Club Merlín II: Reunión luns 26

A premio Nobel deste ano, Malala, foi tiroteada e case perde a vida por defender o dereito á educación.

Desde o Club lector Merlín queremos render unha homenaxe a todas as “malalas” que “queren saber” e aos profesores, pais e nais, que alimentan e fan posible esa querencia.

Este 2º trimestre, polo tanto, ímolo dedicar aos ensinantes, arredor de cuxa profesión xirarán as nosas lecturas e comentarios.

Propostas:

querido Tomásmartesconmiviejoprofesor1que me qieres amorvoces panamo

Completaremos a actividade coa película “A lingua das bolboretas”.

Esperámosvos o luns 26 de xaneiro.

Comentarios desactivados en Club Merlín II: Reunión luns 26

28 Decembro 2014

Club Lector Merlín

b

 Malala Yousafzaipremio Nobel da paz 2014 xunto co activista indio Kailesh Satyarthi.

A moza paquistaní de 17 anos defendeu o dereito de todos, e en especial das nenas, á educación, razón pola que foi agredida polos talibán.      

“Ensinar segue sendo o mellor modo de aprender. As accións inseparables de ensinar e aprender contribúen a emparentar espíritos afíns.”

“Educar non consiste en encher un vaso baleiro, senón en acender un lume latente.”

“Un profesor traballa para a eternidade, ninguén pode predicir onde acabará a súa influencia.”

 

Próxima cita LUNS 26 de XANEIRO.

Comentarios desactivados en Club Lector Merlín

1 Decembro 2014

Xuntanza do 24 de novembro de 2014

 

Unha imaxe para mil palabras!!!!!!

IMG_20141124_190220

Grazas polo voso entusiasmo

Aproveitamos para desexarvos Felices Festas.

E que os Reis veñan cargadiños de libros.

 Vémonos o luns día 26 de xaneiro de 2015

 Estade atentos/as ao blog Merlín, haberá sorpresa.

Comentarios desactivados en Xuntanza do 24 de novembro de 2014

6 Novembro 2014

Club Merlín: “Había un lugar donde me olvidaba del frío…”

Biblioteca-de-Richard-Macksey

Para este primeiro trimestre propoñemos dúas novelas que pensamos van ser do voso agrado (facendo click sobre os títulos podedes ler unha reseña): La estepa infinita e La vida cuando era nuestra.

A parentemente moi distantes no tempo e no espazo ( Siberia/España; protagonista adolescente/ protagonista adulta e anciá; guerra europea/ española e europea…) aínda así son moitas as coincidencias. Salientamos a capacidade de resilencia e o optimismo que irradian as protagonistas e “o poder curativo” que teñen os libros en circunstancias adversas.

.Había un lugar donde me olvidaba del frío e incluso de Siberia: la Biblioteca. Las paredes estaban recubiertas de libros de arriba abajo:libros, libros… (La estepa infinita)

La casa en la que me hospedaba tenía una cosa buena: la Biblioteca. Me gustaba la novela pero sobre todo la poesía… (La vida cuando era nuestra)

Competaremos a actividade coa proxección dunha película que vos sorprenderá. Esperámosvos!

Comentarios desactivados en Club Merlín: “Había un lugar donde me olvidaba del frío…”

24 Maio 2014

Club Lector Merlín

DA 1ª GUERRA MUNDIAL Á GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

 

Agradecemos á profesora Susana García Veiga a súa colaboración.
Axudounos a comprender as causas e consecuencias dos conflitos que forman o marco histórico das novelas  El lector de Julio Verne e La casa del propósito especial. 
Próxima reunión do Club Lector o luns día 26 de maio. 
Non faltedes, hai sorpresa!!
Comentarios desactivados en Club Lector Merlín

30 Marzo 2014

Club Lector Merlín

ALGÚNS TEMAS QUE SE PODEN TRATAR AO LER

LA CASA DEL PROPÓSITO ESPECIAL:

  • A historia de Rusia e, en xeral, de Europa de principios de século XX. Os segredos da dinastía dos Romanov, personaxes excéntricos, a guerra, a revolución bolchevique, asasinato…
  • A autocracia e as súas consecuencias.
  • A opulencia en contrapartida á miseria e a pobreza.
  • A xenofobia.
  • A infidelidade.
  • Sentimentos como a morriña, a soedade, o odio, o medo, pero sobre todo o amor.

Comentarios desactivados en Club Lector Merlín

26 Marzo 2014

Club Lector Merlín: Vémonos o luns 31 de marzo.

Novela e película, aparentemente tan distintas, coinciden no tema principal: unha profunda reflexión sobre a condición humana, a difícil aceptación do inexorable paso do tempo, a saudade do  pasado, o amor e o desamor a traición, o sentimento de culpa…e moito máis que comentaremos o luns día 31.
Esperámosvos!

Comentarios desactivados en Club Lector Merlín: Vémonos o luns 31 de marzo.

7 Febreiro 2013

Agustín Fernández Paz

Agustín Ferñández Paz foi nomeado doctor honoris causa pola Universidade de Vigo. 
O autor de múltiples libros para a infancia e a mocidade, o dinamizador de movementos de renovación pedagóxica e defensor da lingua, ve así recoñecida a súa achega á cultura e ao saber deste país.
Conta con numerosos premios entre os que destacan o Nacional de Literatura Infantil por O único que queda é o amor, o Lazarillo por Contos por pa labras,o Edebé infantil con A escola dos piratas e o xuvenil por Trece anos de Branca, o Merlín por As flores radiactivas, o premio Rañolas por Cartas de inverno … 
Os seus libros están traducidos a múltiples idiomas. A súa voz chega cada vez a máis lugares. Segue a falar e a escribir, Agustín!

 

Publicado 1 week ago por
Comentarios desactivados en Agustín Fernández Paz

25 Xaneiro 2013

Club MERLÍN II. Luns 28.

Esperámoste o luns 28 á hora de sempre.
Comentaremos o

 “REQUIEM POR UN CAMPESINO ESPAÑOL”.

O Asasino
Nin cadeas nin leis o perseguen,
mais nunca será libre.
Os seus brazos sanguentos van atados
ao invisible cepo do remorso…
(Celso Emilio Ferreiro).

Comentarios desactivados en Club MERLÍN II. Luns 28.
« Páxina anterior« Previous EntriesNext Entries »Páxina seguinte »