8 febreiro 2010

Febreiro: mes do cómic.

FEBREIRO: mes do CÓMIC

 Día 22 de febreiro

Visita de ANXO FARIÑA, autor de Os Megatoxos.

            Asistirán:

  • Ás 16:30, 2º ESO C, 3º ESO C, 2º ESO A.
  • Ás 17:20, 3º ESO A, 3º ESO B, 2º ESO B.

 A actividade desenvolverase no salón de actos.

2 febreiro 2010

Aviso Club Merlín II

Verémonos no Salón de actos o 22 de febreiro ás 18:30.

 Proxectaremos a película Corazóns en Atlántida.

Podedes consultar tamén a páxina Web do instituto. Ide a Biblioteca, animación á lectura, Club Merlín II.  (http://centros.edu.xunta.es/iesalvarocunqueiro/)

O entroido

AS FESTAS DO ENTROIDO

 O Entroido é unha das festas máis celebradas en Galicia. Comeza o domingo da sesaxésima coa festa maior denominada domingo fareleiro ou borrallento. Seguen o xoves de comadres, o domingo de Entroido e o martes, día principal, no que en moitos lugares se celebra a queima do Meco que vén sendo o Entroido personificado. Neste personaxe está resumida toda a simboloxía carnavalesca, ben sexa como final dun ciclo cósmico representado no ano, ben sexa dun ciclo vexetativo, ou histórico- social, conxugando os dous anteriores. Soe rematar a festa cun “pranto” que recibe distintos nomes segundo os lugares; enterro do Ravachol en Pontevedra, enterro da sardiña en Vigo, etc..

Nesta festa hai dous aspectos que se poden salientar: o litúrxico e o festeiro. O seu significado do latín introitus, “entrada”, remítenos á liturxia, é a antesala das “ carnes tollendas”, prohibición da carne e das festas.

 As máscaras, as bromas, e a gastronomía  configuran o aspecto festeiro. As máscaras atópanse nestes días en todas as cidades, vilas e aldeas galegas. Chámanse segundo os sitios máscaras, mascaritas, entroidos, felos mecos, peliqueiros….Son soados os cigarróns ou peliqueiros de Laza, Verín, Xinzo; as charrúas en Allariz, madamitas en Cotobade, escabicheiros ou merdeiros en Vigo.

 O Entroido ten tamén unha gastronomía propia. Predomina a carne de porco e postres especiais como filloas de sangue ou as farandelas, flores fritidas, orellas de frade, etc.. Pratos principais son a cacheira e o rabo  e a sentencia di: alegría, alégrote que anda o rabo do porco no pote.

Lectura recomendada :  o segundo lance de  “Os vellos non deben de namorarse”       

Xa chega o entroido

Achégase o Entroido. Vai preparando o teu disfraz para participar no concurso. Haberá moitos premios.

Permanece atento. Seguirás recibindo novidades.

SORPRENDERASTE !!!

1 febreiro 2010

Febreiro, mes do cómic

Actividade organizada polos Departamentos de Plástica e Linguas, co obxectivo de fomentar a lectura a través do cómic.

Libros recomendados e á vosa disposición na Biblioteca:

Contaremos coa presenza de ANTÓN FARIÑA, autor de OS MEGATOXOS.

  

 

No programa de 3º de ESO da materia de Educación Plástica e Visual traballamos o cómic.                                                                          
Os alumnos aprenderán a narrar historias a través de imaxes. Explicamos os conceptos de:
       Viñeta, Encuadre, Bocadillos, Onomatopeyas, Liñas cinéticas
Para poñer en práctica os conceptos teóricos os alumnos realizarán unha práctica que consistirá en elaborar unhas tiras de cómic a partires dun texto que eles secuenciarán e ilustrarán con personaxes creados por eles.

 

Día da Paz

Cancións para a paz

29 xaneiro 2010

Día da Paz

Día da Paz: Actividades

  • Lectura do manifesto.
  • Exposición de carteis.
  • Convocatoria de certame literario.
  • Audición musical de poemas.

 

Manifesto do Día da Paz:

Desexamos:

 A fartura fronte á fame

 A educación fronte ao analfabetismo.

 A hospitalidade fronte ao racismo.

 O diálogo fronte ás liortas.

 A esperanza fronte ás desilusións.

 A verdade fronte á mentira.

 A xustiza fronte á iniquidade

 PAZ…………….!

______________________________________________

PRIMEIRO CERTAME LITERARIO “DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA”

 Tema: A PAZ: empatía, tolerancia, solidariedade…

Modalidade: relato curto (mínimo unha cara, máximo dúas)

 Establécense dúas modalidades:

  • 1º ciclo da ESO
  • segundo ciclo da ESO e Bacharelato.

 O xurado estará formado por: un membro do equipo directivo,un profesor, un alumno e un membro da ANPA.

 Haberá un premio para cada categoría.

 Os traballos premiados serán publicados na revista do IES. Deberán presentarse baixo pseudónimo e acompañados dunha plica(un sobre cos datos do autor). Entregaranse na Biblioteca antes do 1/3/10.

_________________________________________________

18 decembro 2009

Participantes no Club Merlín II

merlin-el-mago

Recordámosvos que o 25 de xaneiro temos unha nova cita na Biblioteca. Falaremos de amor.

Sorte e felices festas.  As amantes de lectura.

 

Fotos Rota literaria A esmorga

Preme nas fotos para velas máis grandes

14 decembro 2009

Nadal solidario!!

Un libro é sempre un bo agasallo e se é por unha boa causa, mellor.

Recomendámosche dous:

“O son das buguinas” Un fermosísimo libro ilustrado que inclúe un CD. O beneficio obtido coa súa venda será destinado á ONG Implicad@s no desenvolvemento.

 A outra recomendación é o titulado “Ninguén está só” Ed. Tristram. Consta de vinte relatos doutros tantos autores “a prol dos dereitos humanos”. Colabora coa ONG “Amnistía Internacional”.

 Os relatos presentan unha temática común: solidariedade, tolerancia, multiculturalismo, empatía…

 A súa lectura será, sen dúbida,un excelente instrumento de coñecemento,reflexión e concienciación.

 o son das buguinasninguen[ esta so

« Páxina anterior« Anotacións anterioresAnotacións seguintesSeguinte páxina »